Doñana é un espazo natural protexido español situado en Andalucía, entre as provincias de Cádiz, Huelva e Sevilla, que conta con 108.086 ha (54.251 ha no Parque Nacional, e 53.835 ten no Parque Natural). Comprende tanto o Parque Nacional de Doñana (creado en 1969) como o Parque Natural de Doñana (creado en 1989 e ampliado en 1997), e a súa grande extensión de marismas acolle durante o inverno a numerosas especies de aves acuáticas, que adoitan alcanzar cada ano os 200.000 individuos.

Parque nacional e natural de Doñana
Lagoas de El Acebuche
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización36°56′51″N 6°21′31″O / 36.94750, -6.35861Coordenadas: 36°56′51″N 6°21′31″O / 36.94750, -6.35861
TipoNatural
CriteriosVII, IX, X
Inscrición1994 (18ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador685bis

Debido a súa proximidade ao lugar de encontro do Atlántico e do Mediterráneo, o Estreito de Xibraltar, en Doñana pódense observar máis de 300 especies diferentes de aves ao ano, ao ser lugar de paso, cría e invernada para miles delas (acuáticas e terrestres) europeas e africanas. Aquí repousan aves acuáticas de toda Europa Occidental, localizándose infinidade de especies nas marismas e arredores procedentes de África e Europa.

Con diferentes institucións científicas no seu interior que velan por un desenvolvemento axeitado das bisbarras limítrofes e a conservación dalgunhas especies moi delicadas que habitan nel, considérase a maior reserva ecolóxica de Europa. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994. No ano 2006 o parque recibiu 376.287 visitas.

O seu nome provén segundo algúns do de Dona Ana de Silva e Mendoza, esposa do VII Duque de Medina-Sidonia. Segundo outros de Ana Mallarte, casada con Sancho de Herrera, arrendatario dos pastos da parte de El Palacio en 1545.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar