División de Honra da LNFS 2008-09

A tempada 2008-09 da División de Honra da LNFS foi a 20ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 26 de agosto de 2008 e rematou o 19 de xuño de 2009 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o cuarto título de liga na historia desta competición a prol do ElPozo Murcia Turística.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 15 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 28 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, e a final foi a ida e volta.

Tempada regular editar

Eliminatorias polo título editar

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 ElPozo Murcia Tur.  8-6
  8 MRA Navarra  3-2  
  1 ElPozo Murcia Tur.  4-8
    4 Lobelle Santiago    3-5  
  4 Lobelle Santiago    3-3-5
  5 Benicarló A. Castelló  1-4-2  
  1 ElPozo Murcia Tur.  3-7
    2 Inter Movistar  2-2
  2 Inter Movistar  3-4-3
  7 Caja Segovia FS  3-2-3  
  2 Inter Movistar  6-1-4
    6 Tien 21 Millenium Pinto  5-2-3  
  3 FC Barcelona Mobicat  4-2
  6 Tien 21 Millenium Pinto  6-4  


O ElPozo Murcia Turística proclamouse campión desta edición 2008-09 da División de Honra da LNFS.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar