Moyo District é un distrito da Rexión Setentrional de Uganda. Como moitos outros distritos, o seu nome provén da súa cabeceira, Moyo. Limita co Sudán do Sur polo norte e leste, co Distrito Adjumani polo sur, a través das augas do Nilo Branco, e co Distrito Yumbe polo oeste. Os estados sur-sudaneses de Ecuatoria Central e Ecuatoria Oriental forman o límite setentrional, existindo unha estrada entre Moyo e Kajo Keji, de Ecuatoria Central. A capital de Moyo atópase aproximadamente a uns 455 km, por estrada, ao noroeste de Kampala, a capital e maior cidade de Uganda.

Modelo:Xeografía políticaDistrito Moyo

Nomeado en referencia aMoyo Town (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 3°26′N 31°34′L / 3.43, 31.57Coordenadas: 3°26′N 31°34′L / 3.43, 31.57
EstadoUganda
RexiónRegião Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalMoyo Town (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLíngua ma'di (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1.800,8 km² Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-309 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmoyo.go.ug Editar o valor em Wikidata

Como na maioría dos distritos de Uganda, a agricultura é o alicerce principal da economía. O Nilo Branco é a principal fonte de peixe do distrito. Alén da gandaría, a apicultura, para producir mel, está gañando popularidade no distrito.[1]

En tempos recentes o distrito sufriu a segunda guerra civil sudanesa, levada a cabo ao norte, e a insurxencia do Exército de Resistencia do Señor fixo da estrada ao sur cara a Kampala perigosa. O distrito ten albergado a numerosos refuxiados sudaneses. A acordo de paz do 2005 así como a diminución da actividade do LRA trae esperanzas a este lugar.

A poboación de Moyo segundo o censo do ano 2002 é dunha estimación de 199.900 persoas, sendo o 48.8% mulleres e o 51.2% varóns.[2] Mais en toda a década do 2000, o Distrito Moyo experimentou en rápido crecemento de poboación, principalmente de refuxiados do Sudán do Sur.[3] Tras a paz, pois o problema dos refuxiados diminuíu. Estímase que a poboación do distrito no 2010, era de aproximadamente 253.200 habitantes, tal como segue na táboa:

Poboación do Distrito Moyo
Ano Poboación estimada
2002 199.900
2003 205.900
2004 212.100
2005 218.400
2006 225.000
2007 231.700
2008 238.700
2009 245.900
2010 253.200

Notas editar

  1. "Moyo District Economy". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  2. "2002 Population of Moyo District". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  3. "Moyo District has High Population Growth Rate". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar