Dire Dawa

cidade de Etiopía

Dire Dawa (en amhárico: ድሬ ዳዋ, en oromo: Dirre Dhawaa, lit. "Lugar de remedio",[1] en somalí: Diridhaba, en árabe: ديري داوا[2]) é unha das dúas cidades de Etiopía que gozan dun status especial (astedader akabibi), sendo a outra a capital, Adís Abeba. Segundo estimacións de 2008, Dire Dawa tiña unha poboación de 440 000 habitantes, o que a converte na segunda maior cidade de Etiopía.

Modelo:Xeografía políticaDire Dawa
Diridhabe (so) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 9°35′N 41°52′L / 9.58, 41.87Coordenadas: 9°35′N 41°52′L / 9.58, 41.87
EstadoEtiopía Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación277.000 (2015) Editar o valor em Wikidata (228,36 hab./km²)
Lingua usadaLingua somalí
Língua harari (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1.213 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.276 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1902 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2ET-DD Editar o valor em Wikidata

Páxina webweb.archive.org… Editar o valor em Wikidata

A cidade é un centro industrial, dispón de varios mercados e un aeroporto internacional. Dire Dawa atópase no leste do país, a beiras do río Dechatu e ós pés dun anel de desfiladeiros.

En outubro de 2016 inaugurouse o ferrocarril Adís Abeba-Djibuti que ten parada en Dire Dawa. É un ferrocarril de ancho de vía internacional que une Adís Abeba, capital de Etiopía, co porto de Djibuti no golfo de Adén, achegando acceso ferroviario ó mar a Etiopía. O ferrocarril de ancho estándar substitúe ó antigo ferrocarril de vía métrica, que foi abandonado en 2006 e que foi construído polos franceses entre 1894 e 1917.

Notas editar

  1. Kefale, Asnake. "Ethnic Federalism and Conflict Management in Ethiopia: The Case of Dire Dawa" in Luc Sindjoun (ed.)'s The Coming African Hour: Dialectics of Opportunities and Constraints, p. 209. Africa Institute of South Africa (Pretoria), 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
  2. academies, prepared by a number of leading orientalists ; edited by an editorial committee consisting of H.A.R. Gibb ... [et al.] ; under patronage of the international union of (2009). Encyclopaedia of islam (Nova ed.). Leiden: E.J. Brill. ISBN 9789004161214. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bekele, Shiferaw (1989). Aspects of the History of Dire Dawa (1902-1936)
  • Imbert-Vier, S. (2011). Tracer des frontières à Djibouti: Des territoires et des hommes aux XIXe et XXe siècles; p. 116
  • Pankhurst, R. (2010). Who were the 'Young Ethiopians' (or Young Abyssinians): An historical inquiry. Education Issue, Vol. 2, no.2, p: 129

Ligazóns externas editar