Dionisio Gamallo

escritor galego

Dionisio Gamallo Fierros, nado en Ribadeo o 25 de agosto de 1914 e finado en Madrid o 16 de xaneiro de 2000, foi un escritor polígrafo galego en lingua castelá, neto do pintor Dionisio Fierros.

Dionisio Gamallo
Nacemento25 de agosto de 1914
 Ribadeo
Falecemento16 de xaneiro de 2000
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid e Universidade de Santiago de Compostela
OcupaciónPolígrafo
PremiosMedalla Castelao
Na rede
Dialnet: 13182
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formación e primeiras publicacións editar

Estudou primeiro en Ribadeo e logo en Lugo, para pasar despois a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1936. No 1938 era Delegado local de Propaganda de FET y de las JONS en Ribadeo.[1] Posteriormente rematou Filosofía e Letras[2] en 1941 na Universidade de Valladolid. No medio, xa no 1939, foi profesor axudante de literatura no Instituto de Lugo.[3]

Colaborou despois en Ya, Arriba, Informaciones, El Español e La Estafeta Literaria, entre outras publicacións.[4]

A partir de 1945 foi profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Literatura Española nos Institutos Ramiro de Maeztu e Lope de Vega en Madrid, impulsor, profesor e primeiro director do Instituto Laboral en Ribadeo e profesor na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.

Mundo académico editar

Entre 1953 e 1955 traballou como asesor do Servizo de Información Bibliográfica da Biblioteca Nacional. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.[5] Ademais, foi vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e secretario da Comisión de Cultura. Foi membro do Instituto de Estudios Asturianos e membro correspondente da Real Academia Española.[6]

Entre 1955 e 1960 exerce como director do novo Instituto de Ribadeo.[7]

Mantivo relación directa ou por correspondencia con diversas personalidades do mundo cultural en España e en Galicia, como con Ramón Otero Pedrayo, con quen mantivo relación dende os anos 30 ata a morte deste.[2]

Obra editar

 
Busto en Ribadeo.

A bibliografía de Dionisio Gamallo é moi variada, contando varios libros e máis de 2 500 artigos.[8] Destaca Albor (1942), caderno de poesía con 14 poemas (do seu libro inédito La voz derrotada). No 1943, dúas monografías aínda inéditas: Una estirpe de escritores colombianos: los Caro e La aportación de Lugo y su provincia a la literatura galaico-castellana. No 1948, publicou o folleto "Bécquer y Sevilla y páginas abandonadas" (prólogo de Dámaso Alonso). Tamén publicou ensaios e artigos, como Vida y obra de Ramiro de Maeztu (1953), Menéndez Pidal en el año 1898 (1968), ¿Luz sobre la Negra Sombra? (1975), Primera etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta 1905) (1981), ou La Regenta, a través de cartas inéditas de la Pardo Bazán a "Clarín" (1984).

Recoñecementos editar

Dionisio Gamallo foi recoñecido con diversos premios. Entre eles:

Ademais, foi distinguido coa condecoración da Orde de Rubén Darío en Nicaragua (1967), nomeado "Lucense do ano" en 1987 e medalla Castelao en 1998.

Dende pouco despois da súa morte e ata a súa fusión co outro IES de Ribadeo, o Instituto que dirixiu levou o seu nome. Con posterioridade á fusión, o novo centro pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Notas editar

  1. ¡Arriba España! La Comarca del Eo, 15 de maio de 1938
  2. 2,0 2,1 Conferencia inaugural do curso 2014-2015 no IES de Ribadeo, impartida por Antonio Deaño.
  3. "Cronoloxía de Dionisio Gamallo". IES de Ribadeo dionisio Gamallo. Consultado o 20/09/2017. 
  4. "Dionisio Gamallo Fierros". Galicia Dixital. Consultado o 20/09/2017. 
  5. Membros correspondentes Real Academia Galega.
  6. Aparisi 2016.
  7. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/Dionisio+Gamallo.pdf
  8. Recensión biográfica na axenda escolar do IES de ribadeo Dionisio Gamallo, curso 2014/2015

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar