Diogo Dias

explorador portugués

Diogo Dias, nado probabelmente antes de 1450 e finado despois de 1500, foi un navegante e explorador portugués, irmán de Bartolomeu Dias.

Diogo Dias
Nacementoantes de 1450
Lugar de nacementoAlgarve
Falecementodespois de 1500
Nacionalidadeportuguesa
Ocupaciónnavegante e explorador
IrmánsBartolomeu Dias
Coñecido porser o primeiro europeo en avistar Madagascar
editar datos en Wikidata ]

É coñecido por ser o primeiro europeo en avistar Madagascar.

Traxectoria editar

 
O barco de Diogo Dias, detalle da 2ª viaxe á India de Pedro Álvares Cabral, 1500.

Sábese moi pouco de Dias, xa que as fontes históricas non son moi explícitas co personaxe. Así, non queda claro se o Diogo Dias mencionado como o tradutor dunha carta de 1465 enviada pola chancelería alemá a un tal Alfons V é o mesmo que o explorador. Ademais, nos diferentes escritos en que se menciona, refírense a el tanto por Diego, Pedro ou Pero, e o seu apelido sen ortografía, Díaz.

O que si se sabe é que Diogo Dias partiu en agosto de 1487 como capitán dun buque de subministracións, co seu irmán Bartolomeu Dias cara ao cabo da Boa Esperanza. O piloto desta nave era João de Santiago, que anteriormente acompañara a Diogo Cão na súa viaxe até o río Congo.

Diogo Dias participou no descubrimento da ruta marítima á India, asistindo como cronista e escritor no barco de Vasco da Gama, o São Gabriel. Sendo responsábel dos recentes postos comerciais portugueses en Calicut, foi feito prisioneiro polas autoridades locais, pero logrou escapar.

 
Ruta aproximada da viaxe de Cabral cara á India, así como da ruta do barco de Diogo Dias.

Despois participou na segunda expedición de Pedro Álvares Cabral á India e formou parte da expedición que desembarcou en abril de 1500 no actual Brasil. É mencionado por Pero Vaz de Caminha na Carta de Descubrimento do Brasil como un "home gracioso e encantador", que fora "alguacil de Sacavém", e déscribeo "bailando na praia de Porto Seguro do mesmo xeito cós indios, ao son dunha harmónica".[1]

Seguindo cara á India, en maio de 1500, debido a unha forte tormenta, o seu barco quedou separado da frota de Cabral no cabo da Boa Esperanza. Co seu barco explorou as augas do océano Índico até a entrada do mar Vermello, sendo o primeiro portugués en navegar polas súas augas. Incapaz de proseguir rumbo á India, retornou a Portugal.

Máis tarde, poida que fose o primeiro europeo en avistar, ao redor de xullo de 1500, as illas da Reunión e Mauricio, ambas ao leste de Madagascar. (Até a súa partida destas illas en 1575, os portugueses utilizáronas como lugares de reabastecemento de auga e subministracións para os seus barcos en ruta cara a Goa, na India, e Malaca, na actual Malaisia.)

Tamén foi o primeiro europeo en avistar a illa de Madagascar, o 10 de agosto de 1500, á que chamou ilha de São Lourenço. Posteriormente regresou a Portugal bordeando Mozambique, seguindo a costa oriental de África. Preto das illas de Cabo Verde deu, por azar, cos catro barcos da expedición á India de Cabral, que estaban coma el, de regreso. Cando chegou a Portugal apenas contaba con sete hombes.

A data e o lugar exactos da súa morte seguen sen coñecerse.

Notas editar

  1. Wikisource - Carta a El Rei D. Manuel.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Robert Kerr, ed. (1812): Conquest of India. A General History and Collection of Voyages and Travels. Edinburgh: William Blackwood.

Outros artigos editar