Dinis Dias

explorador portugués

Dinis Dias foi un navegante portugués do século XV. A súa data de nacemento e a da súa morte non son coñecidas con certeza.

Infotaula de personaDinis Dias
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XV Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século XV Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosBartolomeu Dias Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1442 Dias, que "non quería verse envellecer nun estado de benestar e repouso", deixou Portugal na compaña de Gonçalo de Sintra e navegou cara ás costas de África occidental, chegando ata Cabo Branco. En 1444 conseguiu unha nova marca ao chegar a un punto da costa afastado uns 800 km ao sur do Cabo Branco. Este punto, o máis occidental do continente africano, foi bautizado por el como península de Cabo Verde, nunha referencia á frondosa vexetación que atopou na área de Guinea.

O éxito desta expedición debeuse probablemente ao feito de que Dias se concentrou na exploración, máis que na toma de escravos, algo que centraba a atención da maioría dos exploradores portugueses da época. Mentres que algunhas expedicións volvían a Portugal con ducias de escravos, Dias tomou só catro.

Máis tarde aquel ano, Dias navegou co explorador Lançarote nunha longa expedición á illa de Arguin, fronte á costa oeste de Mauritania, con propósitos escravistas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Castlereagh, Duncan. Encyclopedia of Discovery and Exploration - The Great Age of Exploration. Aldus Books Londres, 1971.

Outros artigos editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar