Dinastía selxúcida

dinastía turca que reinou entre o século XI e o século XIII

Os selxúcidas[1] foron unha dinastía turca oğuz que reinou nos actuais Irán e Iraq, así como en Asia menor entre mediados do século XI e finais do século XIII. Chegaron a Anatolia procedentes de Asia Central a finais do século X, causando estragos nas provincias bizantinas e árabes. Acabaron co Califato abasí e debilitaron considerablemente o Imperio Bizantino co seu pulo relixioso cara Occidente.[2]

Os turcos selxúcidas son considerados como os devanceiros directos dos turcos suroccidentais, os habitantes actuais de Turquía, Gagauzia, Acerbaixán e Turkmenistán. Os selxúcidas desempeñaron un papel principal na historia medieval creando unha barreira a Europa contra os invasores mongois do leste, defendendo o mundo islámico contra as cruzadas de Europa e conquistando grandes extensións do Imperio Bizantino, que practicamente desmantelaron, sendo os seus sucesores os turcos osmanlís.

Notas editar

  1. Entrada selxúcida en Digalego.
  2. Encyclopedia Brittanica. "Seljuk Dynasty" (en inglés).