A Dinastía omeia (Árabe بنو أمية banū umayya / الأمويون al-umawiyyūn); Persa امویان (Omaviyân), turco, Emevi) foi unha gran dinastía árabe que reinou en todo o mundo musulmán instaurando o califato Omeia na época do Califato de Damasco (661-750). Logo, tralo seu derrocamento e exterminio, a mans da dinastía Abbásida, estableceron o seu dominio na Península Ibérica cun dos últimos descendentes da dinastía, Abderramán I (Abd ar-Rahman I), este instaurou un débil emirato que se foi afianzando ata constituírse coma un califato independente, o Califato de Córdoba (756-1031).

Modelo:Xeografía políticaDinastía Omeia

Nomeado en referencia aUmayya ibn Abd Shams (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Poboación
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
FundadorMuawiyah I Editar o valor em Wikidata
Creación661 Editar o valor em Wikidata

Fachada sur e patio da mesquita omeia en Damasco, Siria. É un dos grandes legados arquitectónicos que deixou esta dinastía. Unha das súas características máis célebres e notables son os mosaicos feitos con ouro que posúe esta mesquita que data do século VIII.
Mapa das posesións territoriais do Califato Omeia no seu momento de máxima expansión.

Orixe editar

A Dinastía Omeia ou Dinastía Umaiad foi a primeira dinastía de califas do profeta Mahoma (cómpre citar que se di que, a pesar de todo, non estaban emparentados co profeta); pertencían tamén a unha tribo da Meca, os Curaixitas. A primeira dinastía reinou de 661 a 750. Ironicamente, o clan curaixita de onde xurdiron os Omeias tería sido, no pasado, inimigo do propio Mahoma. Eran sunitas e estaban enemistados, sobre todo, cos xiítas.

O nome da dinastía débese ás súas orixes. Eran os descendentes de Omeia, un árabe musulmán do clan de Mahoma. Este estivo casado, por dúas veces, con fillas de Mahoma. Aí era onde os Omeias sustentaban a orixe lexítima do seu poder (ademais de venceren na guerra civil polo Califato).

 
Patio da mesquita omeia en Damasco.

Dise que tiñan que lexitimar o seu poder debido a que no momento da instauración do Califato Omeia, é dicir, despois da susodita guerra civil, existían uns criterios (máis ben xurdiron nese intre) ou requisitos para poder ser califa.

Os criterios que se debían ter en conta eran os seguintes (todo isto dende perspectiva do pensamento sunita).

  • O califa debía ser un árabe e pertencer á tribo dos quraysh (á que pertencía Mahoma).
  • Un consello de anciáns, que representaría á comunidade islámica, elixiría o sucesor (posteriormente estableceuse un método de sucesión hereditaria).
  • O califa tiña coma misión a difusión do islam, facendo para iso o uso que estimara oportuno, incluída a guerra santa (xihad).

Esplendor editar

Despois de rematar con diversas loitas internas provocadas pola ansia de poder dalgúns dos seus inimigos, os omeias, a partir do califa Abd al-Malik (685-705), que foi o último que tivo que sufocar grandes asaltos ó poder, outorgáronlle ó poder califal o respecto que lle correspondía (o califa tiña poder relixioso ademais do político). E entón, unha vez que o clima político estaba algo máis calmo, a forza dos omeias no Califato acadou cotas nunca logradas antes.

Crise: Exterminio en Damasco editar

 
Batalla de Tours. No centro, Carlos Martel, líder dos francos na batalla contra os omeias que significou un gran retroceso para as invasións árabes.

A aparición de grandes revoltas nas rexións máis afastadas do Califato, a fin do asedio sobre Constantinopla en 718, a derrota fronte ós bizantinos en Akroinon (740), as derrotas (demasiado mitificadas) en Covadonga, 722 e en Tours, 732 e outros tristes sucesos para o Califato marcaron o comezo da fin.

Fin que planificaron os abasides, xiítas (que se opuñan ós califas omeias alegando que non hai parentesco entre Mahoma e os Omeias). Durante o califato de Marwan II, esta oposición chegou ó seu punto culminante coa rebelión do imam Ibrahim na cidade de Kufah (actual Iraq), e na provincia de Khorasán, (en Persia, actual Irán). A revolta acadou algúns éxitos considerables, pero finalmente Ibrahim foi capturado e morreu (ou foi asasinado) na prisión en 747. Continuou a loita o seu irmán Abdallah, coñecido coma Abu al-'Abbas as-Saffah quen, despois dunha vitoria decisiva no río Gran Zab en 750, aplastou os Omeias e foi proclamado califa, pondo fin ó dominio dos Omeias e matando a toda a súa familia, agás o neto de Hisham, Abd ar-Rahman I (ou Abderramán I) (756-788) que escapou ata al-Ándalus polo norte de África e fundando o Emirato de Córdoba (756). Logo, o seu descendente Abderramán III, no 929, autoproclamaríase califa en Córdoba e creou así o Califato de Córdoba, independente de Bagdad (capital nese momento).

Novo Esplendor en Córdoba editar

 
Detalle da Mesquita de Córdoba construída por Abderramán I. Hoxe, capela de Villaviciosa.

No ano 756, Abderramán I chega a Córdoba e instaura unha dinastía que gobernará al-Ándalus ata 1031. No 773 Abderramán I establece o emirato de Córdoba independizándose política e administrativamente do islam, aínda que mantivo, có mesmo, unha unidade espiritual e moral. Pese a todo, o verdadeiro organizador do emirato independente foi Abderramán II, que delegou os poderes en mans dos visires. A islamización foi moi rápida, o número de mozárabes (cristiáns en territorio musulmán) reduciuse considerablemente.

No 912, ascende ó trono Abderramán III no intre no que a decadencia política do emirato era un feito. Tentando rematar coas sublevacións e conflitos, proclámase califa en 929 dando paso ó califato de Córdoba.

Rebelións editar

Antes da chegada de Abd ar-Rahman (756), concretamente entre os anos 714 e 756, al-Ándalus recolleu inmigrantes árabes, sirios e, moitísimos, bérberes, que recibiron trato desigual, o que provocou moitos disturbios sociais, sobre todo entre eles. Poucas veces entre árabes, xa que a maioría vivían tranquilamente dos impostos da poboación sometida, alleos a moitos problemas das capas baixas da sociedade.

Paso do emirato a califato editar

 
Mesquita de Medina Azahara. Medina Azahara non chegou a sobrevivir ni sequera un século trala súa construción, pois foi destruída e saqueada no 1010, coma consecuencia da guerra civil (ou fitna) que puxo fin o califato de Córdoba.

O Califato de Córdoba (929-1031)

No ano 929, o emir Abderramán III (912-961) decidiu proclamarse Califa, cargo no que que confluían o poder político e o relixioso. Al-Ándalus xa era completamente independente de Bagdad.

O Califa residía no alcázar de Córdoba, situado xunto á gran mesquita. Uns anos despois da súa autoproclamación coma Califa, Abderramán III ordenou construír, ó oeste da capital, a impresionante cidade-palacio de Medina Azahara, convertida en residencia califal e no centro do poder político de Al-Andalus.

Esta é a etapa política de maior esplendor, na Península Ibérica, da presenza islámica, aínda que a mesma durará pouco tempo xa que, na práctica, o seu apoxeo termina no 1010. Oficialmente, o califato continuou existindo ata o 1031, ano no que o califato foi abolido dando paso á fragmentación do estado omeia que se transformou en diversos reinos coñecidos coma reinos de Taifas.

Almanzor: o terror dos cristiáns editar

Abi Amir Muhammad, Torrox, Málaga 940 - Medinaceli, Soria 1002. Coñecido coma Almanzor, المنصور بالله (al-Mansūr bi-l-llāh, o vitorioso con Deus), foi un líder militar e político do Califato de Córdoba.

Almanzor Chegou a dominar o Califato de Córdoba, durante a súa rexencia do Califa Hisham II (981-1002), e ser o terror dos exércitos cristiáns. Líder cruel, forte e carismático. Foi moi importante na expansión cara ao norte da península, norte de África e Francia, chegando a facer que al-Ándalus acadase unha das súas maiores expansións, en Galiza, concretamente en Santiago, queimou o templo prerrománico dedicado a Santiago, respectando o seu sepulcro, facendo así que perdurase o Camiño de Santiago. E tamén roubou as campás da catedral e obrigou aos cativos cristiáns a levar as campás da catedral e as súas portas até Córdoba.

Morreu o pouco de quedar cego nunha batalla. Antes de morrer nomeou sucesor o seu fillo Abd al-Malik, o que xerou unha guerra interna entre os sucesores de Hisham II e os de Almanzor.

Na serra de Gredos, o seu pico máis alto chámase Pico Almanzor ou Pico do moro Almanzor.

O mando de Almanzor tanto militar coma politicamente foi moi importante para o Califato de Córdoba.

Crise definitiva e desaparición editar

Trala morte de Almanzor e do seu fillo Al-Muzáfar, o califa viuse obrigado a abandonar o seu retiro palaciano durante un período confuso (dende 1008), no cal foi varias veces deposto e reposto no Trono, no medio de loitas polo poder entre os nobres cordobeses. É probable que morrera asasinado nunha daquelas intrigas; dende entón, debilitado o poder central, comezaron a escindirse do califato os chamados reinos de Taifas, reducíndose paulatinamente o territorio que controlaron os últimos califas: Suleimán, Hisham II, Abd ar-Rahman IV, Abd ar-Rahman V, Muhammad III e Hisham III (deposto en 1031 e falecido en Lleida en 1036).

Reinos taifas editar

O termo taifa, no contexto da historia de al-Ándalus, refírese a un principado musulmán independente, un emirato ou pequeno reino existente no al-Ándalus, no tramo final deste.

  • Albarracín: 1011-1104 (Almorábides).
  • Alxeciras: 1035-58 (a Sevilla).
  • Almería: 1011-91 (Almorábides); 1145-47 (para Castela por un curto período, e despois para os Almohades).
  • Alpuente: 1009-1106 (Almorábides).
  • Arcos: 1011-91 (Almorábides); 1143 (Almohades).
  • Badaxoz: 1009-1094 (Almorábides); 1145-50 (Almohades).
  • Baeza: 1224-26 (Castela).
  • Illas Baleares ou Mallorca: 1076-1116 (Almorábides).
  • Beja (Portugal) e Évora: 1114-50 (Almohades).
  • -Carmona': 1013-91 (Almorábides); parece ter existido un segundo período.
  • Constantina e Hornachuelos: data e destino indeterminados.
  • Córdoba (organizada como república): 1031-91 (para Sevilla).
  • Dénia: 1010/12-76 (para Zaragoza); 1224-1227 (Almohades?).
  • Granada (Garnata): 1013-90 (Almorábides); 1145 (Almorábides). 1237-1492 (no último período non é, xeralmente, considerado taifa; para Castela); 1568-71 (rebelión de Las Alpujarras).
  • Guádix e Baza: 1145-51 (para Murcia).
  • Jérica: data e destino indeterminados.
  • Lisboa: 1022-? (para Badaxoz).
  • Lorca: 1051-91 (Almorábides); 1240-65 (Castela).
  • Málaga: 1026-57/58 (Granada); 1073-90 (Almorábides); 1145-53 (Almohades).
  • Menorca: 1228-87 (Aragón).
  • Mértola: 1033-91 (Almorábides); 1144-45 (Badaxoz); 1146-51 (Almohades).
  • Molina: ?-1100 (Aragón).
  • Morón: 1013-66 (Sevilla).
  • Murcia: 1011/12-65 (Valencia); 1065-78 (Sevilla); 1145 (Valencia); 1147-72 (Almohades); 1228-66 (Castela).
  • Murviedro e Sagunt: 1086-92 (Almorábides).
  • Niebla: 1023/24-91 (Sevilla); 1145-50? (Almohades); 1234-62 (Castela).
  • Orihuela: 1239/40-49/50 (para Murcia ou Castela).
  • Purchena: data e destino indeterminados.
  • Ronda: 1039/40-65 (Sevilla); 1145 (Almorábides).
  • Saltés e Huelva: 1012/13-51/53 (Sevilla).
  • Santa María do Algarve: 1018-51 (Sevilla).
  • Santarém: ?-1147 (Portugal).
  • Segorbe: data e destino indeterminados.
  • Segura: 1147-? (destino descoñecido).
  • Sevilla: 1023-91 (Almorábides).
  • Silves: 1040-63 (Sevilla); 1144-55 (Almohades).
  • Tavira: data e destino indeterminados.
  • Teixada: 1145-50 (Almohades).
  • Toledo: 1010/31-85 (Castela).
  • Tortosa: 1039-60 (para Zaragoza); 1081/82-92 (para Dénia).
  • Valencia: 1010/11-94 (para El Cid, vasalo de Castela); 1145-72 (Almohades); 1228/29-38 (para Aragón).
  • Xaén: 1145-1159 (para Murcia); 1168 (Almohades).
  • Zaragoza: 1013-46 (dividida despois en estados menores ); 1046-1110 (Almorábides); continuidade en Rueda ata 1030 (para Aragón).

Os omeias editar

Califas omeias de Damasco editar

Emires omeias de Córdoba editar

Califas omeias de Córdoba editar

Umaiades sahaba editar

Lista dos compañeiros de Mahoma (ou sahaba) que pertencían ó clan Omeia:

Umaiades taba'een editar

Lista dos Taba'een (xeración que seguiu ós Sahaba) que pertenceron ó clan Omeia:

Arte e cultura editar

 
Debuxo da Giralda en Sevilla, a súa torre foi alminar ou minarete, onde o muecín chamaba ó pobo á oración

A arte cultura omeia nace na Meca e Medina, avanza posteriormente ata Damasco, para continuar a súa expansión polo Mediterráneo e o Norte de África, e chega no século VIII á Península Ibérica.

O desenvolvemento da arte islámica dende o século VII ó XVIII divídese en tres períodos. O primeiro, período de formación, coincide aproximadamente co califato Omeia de Damasco. (661-750) A pesar de que a arte islámica destaca tamén na pintura, no téxtil, nos manuscritos etc. A súa achega máis importante vén dada pola arquitectura, os omeias non serán unha excepción.

No tocante á cultura, cabe destacar a Escola de tradutores de Toledo. Lugar onde sabios musulmáns, cristiáns e xudeus traducían ao latín, as obras filosóficas e científicas árabes e gregas.

Arquitectura editar

Mesquitas editar

 
Mihrab situado nunha Mesquita no Cairo.

Na arquitectura omeia cabe destacar un tipo de edificio, a mesquita. Tiñan que estar dirixidas cara á Meca, isto facíase mediante o muro da quibla, onde o fieis mandan as súas oracións. Diferéncianse do resto dos muros pola presenza do mihrab, similar o altar cristián pero sen o seu contido simbólico. Algunhas mesquitas podíanse ampliar sucesivamente, este é o caso da de Córdoba, por exemplo.

Patio: as mesquitas mantiveron a concepción primitiva do rezo ó aire libre, nun patio rodeado de soportais que proporcionaban sombra ós fieis. Por iso, a sala de oración permaneceu coma un espazo aberto ó patio ou sahn, que seguiu sendo un elemento importante do conxunto, moitas veces con igual ou maior superficie que a zona cuberta. Ademais, no patio adoitaban aparecer dous elementos característicos: a fonte para as ablucións (sabial) e a torre para chamar á oración, o alminar ou minarete.

Minarete: nos primeiros tempos non existía o alminar, de modo que os fieis reuníanse para orar sen necesidade dunha chamada previa. Logo, debido ó aumento da congregación, acabouse instituíndo a chamada dun muecín, a viva voz, dende a cuberta máis alta do edificio. A Gran Mesquita Omeia de Damasco é o primeiro exemplo que presenta unha torre ou minarete, situada nunha das esquinas do patio, para realizar esta función.

 
mesquita da Cúpula da Rocha en Xerusalén.
  • Cúpula: as cúpulas, un elemento importante da arquitectura islámica, proceden da arquitectura Sasánida e das tradicións paleocristiás. A primeira mesquita monumental que se coñece co nome de cúpula é a da Cúpula da Rocha (Xerusalén, finais do século VII) durante o mandato de Abd al-Malik.

Outro elemento importante na arquitectura omeia é o arco apuntado.

Os principais edificios da arquitectura omeia editar

 
Mesquita de al-Aqsa en Xerusalén. É a mesquita máis grande desta cidade, foi construída orixinalmente polos omeias e logo reconstruidamente ata cinco veces por mor de diversos terremotos, a última reconstrución foi a de 1035.

Ciencias editar

A ciencia árabe (período Omeia) tivo grandes científicos e pensadores coma:

Estes e outros pensadores e científicos, achegaron ó sistema de numeración, ó número cero, á trigonometría e á álxebra. Así coma moi importantes avances na agricultura, medicina, botánica, xeografía, astronomía, física e química. Moitas das achegas, nas que se inclúe algúns das citadas, coma o sistema de numeración, ou outras coma o xadrez, son simples adaptacións ou mellorias de modelos anteriores ou de importacións doutras culturas e/ou civilizacións. O campo onde se rexistra unha contribución máis notable e significativa son as matemáticas, pero non sería ata 1950 cando se lle recoñecería a importancia que merecen as matemáticas árabes medievais, ata antes considerábase que simplemente copiaban e traducían os antigos gregos. Iso era falso, aínda así, compre mencionar que recibiron moitas influencias de diversos sitios, onde ocupan vital importancia os chineses e os gregos.

O legado de al-Ándalus editar

Arte e arquitectura editar

 
Imaxe do interior da Mesquita de Córdoba

En España hai (ou houbo) edificios da época de al-Ándalus e mostras da arte islámica, baixo o dominio dos omeias, tales coma:

Ciencia e letras editar

Mentres o resto de Europa permanecía na idade escura do coñecemento, al-Ándalus florecía. A cidade de Córdoba era un dos centros culturais máis importantes do Imperio Islámico clásico, o outro foi Bagdad.

Na cidade de Córdoba había 70 bibliotecas, destacando a de al-Hakam II, contiña, entre outros, os tesouros da antigüidade greco-latina, e achegas orixinais de pensadores coma Averroes, Ibn Gabirol, Abenalsid, Abenalarif, Abrahan ben Meir ibn Ezra etc.

E noutros sitios, coma Toledo, destacaremos a escola de tradutores.

O que deixaron na península editar

 
Pezas do xadrez, introducido polos árabes na Península Ibérica durante o dominio Omeia.

Entre infinidade de melloras, importacións e innovacións destácanse:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar