Dinastía Hohenzollern

A dinastía Hohenzollern é unha familia de gobernantes alemáns que tivo a súa orixe nunha familia de condes de Suabia, nos séculos XI ou XII.

Escudo dos Hohenzollern.
Wilhelm II
Castelo de Hohenzollern.

O seu nome deriva de Zollern, un castelo do século XIII que a familia posuía cerca de Stuttgart.

Historia editar

 
Escudo de armas real, ampliado, de Prusia.

A dinastía foi fundada en 1191 por Frederico I, conde de Zollern.

Membros desta dinastía formaron parte dos electores do Sacro Imperio Romano Xermánico a partir do século XV.

 
Coroa dos reis de Prusia.

Desde 1700 construíron unha serie de palacios en Berlín e os seus arredores, tras alcanzar a súa consolidación, encarnada no poderío de Prusia.

Con Frederico II o Grande empezou Prusia a aumentar o seu poderío dentro dos Estados alemáns, que se viu consolidado pola figura de Guillerme I de Alemaña, que foi o artífice da creación do Segundo Reich tras a vitoria na Guerra franco-prusiana.

Co fin da primeira guerra mundial terminou tamén o poder da dinastía ao abdicar o káiser Guillerme II.

Os últimos gobernantes da dinastía foron:

Actualmente Xurxo Frederico, Príncipe Real de Prusia, Príncipe Imperial de Alemaña, é o Xefe da Casa Real e Imperial de Prusia e de Alemaña desde 1994, aínda que non ocupa trono ningún.

Títulos ostentados por membros da dinastía editar

  • Emperador de Alemaña
  • Rei de Prusia
  • Rei de Romanía
  • Príncipe de Hohenzollern-Hechingen
  • Príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen
  • Príncipe de Neuchâtel
  • Duque de Prusia
  • Conde de Zollern
  • Conde de Hohenzollern
  • Conde de Hohenzollern-Haigerloch
  • Conde de Hohenzollern-Hechingen
  • Margrave Elector de Brandeburgo
  • Burgrave de Núremberg
  • Margrave de Ansbach

Ramas menores editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Dinastía Hohenzollern editar

 
Táboa da Dinastía Hohenzollern

Ligazóns externas editar