Digimon Adventure 02

Digimon Adventure 02 (デジモンアドベンチャー 02 Dejimon Adobenchā Zero Tsū?) é unha serie de animación xaponesa, secuela de Digimon Adventure e a trama ten lugar tres anos despois da serie orixinal.

Digimon Adventure 02
{{{caption}}}
デジモンアドベンチャー 02
(Dejimon Adobenchā 02)
Anime Digimon Adventure 02
Dirixido por Hiroyuki Kakudou
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Fuji TV
Primeira emisión 2 de abril de 2000
Última emisión 25 de marzo de 2001
Núm. de capítulos 50
Traballos relacionados

Sinopse editar

Os personaxes principais de Digimon Adventure están agora no instituto, e o Digital World está supostamente en paz e a salvo. Pero, un novo mal aparece nese mundo na forma do Digimon Emperor (Digimon Kaiser). Este novo malvado é diferente, pois é humano ó igual que os nenos elixidos. O Digimon Emperor estivo escravizando ós Digimon, por medio dos Aneis Negros e as Agullas de Control, e ademais fixo que agora sexa imposíbel a Digivolución normal. Tres novos nenos son escollidos para salvar o Digital World e, xunto con T.K. e Kari, forman a nova xeración de nenos elixidos.

Personaxes editar

Personaxes principais editar

Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe
Davis Motomiya
Motomiya Daisuke (本宮 大輔)
Reiko Kiuchi (XAP) Veemon
V-mon
Junko Noda (XAP)
O novo líder dos nenos elixidos. Ó igual que Tai da primeira serie, é valente, pero moi testán e impulsivo. Está namorado de Kari, e por iso ten unha certa rivalidade con T.K. Ten os digi ovos do Valor e da Amizade.
Yolei Inoue
Inoue Miyako (井ノ上 京)
Rio Natsuki Hawkmon Kōichi Tōchika
Unha enerxética nova nena elixida. Ela é obstinada e testalana por veces, pero aseméllase a Izzy cando se trata das súas habilidades informáticas e coñecementos técnicos. Ten os digi ovos do Amor e da Sinceridade.
Cody Hida
Hida Iori (火田 伊織)
Megumi Urawa Armadillomon
Armadimon
Megumi Urawa
É o máis novo da nova xeración, pero a pesar disto, é moi maduro e pensa as cousas con coidado, igual que Joe de Digimon Adventure. Ten os digi ovos do Coñecemento e a Sinceridade.
T. K. Takaishi
Takaishi Takeru (高石 タケル)
Taisuke Yamamoto Patamon Miwa Matsumoto
É un dos nenos elixidos de Digimon Adventure, e é o irmán máis novo de Matt. Dende a primeira serie, chegou a ser máis sensato nas situacións perigosas. Ten o digi ovo da Esperanza.
Kari Kamiya
Yagami Hikari (八神 ヒカリ)
Kae Araki Gatomon
Tailmon
Yuka Tokumitsu
Ela é un dos oito nenos elixidos de Digimon Adventure, e é a irmá máis nova de Tai. Nesta serie, Kari volveuse máis extravertida e optimista. Ten o digi ovo da Luz.
Ken Ichijouji
Ichijōji Ken (一乗寺 賢)
Romi Park Wormmon Naozumi Takahashi
Presentado como un prodixio no deporte e nos resultados académicos, Ken foi un neno elixido un ano antes que o resto dos personaxes principais da serie. As súas habilidades foron reforzadas por unha Agulla de Control, pero volveuno tolo e converteuse no Emperados Digimon. Comezou a conquistar o mundo dixital, pensando que era un simple videoxogo. Máis tarde únese e faise amigo do grupo, arrepentido por como se portara cos nenos elixidos, innumerables Digimon, e cos seus pais. Durante o tempo como Emperador Digimon, Ken era distante e cruel, pero despois volveu ser un rapaz normal e amable.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar