Diferenciación planetaria

En Ciencias planetarias, chámase diferenciación planetaria ao proceso de separación dos diferentes compoñentes dun corpo planetario como consecuencia do seu comportamento físico ou químico, cando o corpo desenvolve capas de distinta composición.

Os materiais máis densos do protoplaneta afunden cara ao centro, mentres que os materias menos densos soben á superficie. Este proceso tende a crear o núcleo e o manto. Ás veces tamén se diferenza, na parte duperior do manto, unha codia quimicamente distinta.

O proceso de diferenciación planetaria produciuse en planetas, planetas ananos, no asteroide 4 Vesta e en satélites naturais (como a Lúa).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar