Dietrich Bonhoeffer

Dietrich Bonhoeffer (Breslau, 1906 — Campo de concentración de Flossenburg, 1945). Teólogo alemán fundamental para o pensamento do protestantismo contemporáneo. Estudou na Universidade de Tubinga, foi profesor na Universidade de Berlín. Ministro da Igrexa luterana. Pagou coa súa vida a resistencia contra Adolf Hitler.

Infotaula de personaDietrich Bonhoeffer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1906 Editar o valor em Wikidata
Wrocław (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Morte9 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Flossenbürg concentration camp (Alemaña nazi) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturasen valor Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo e Igreja Confessante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín - teoloxía (–1927)
Universidade de Tubinga - teoloxía (1923–)
Seminário Teológico da União (Nova York) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , poeta , membro da resistencia , filósofo , párroco Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
ProfesoresReinhold Seebeerg (pt) Traducir e Karl Holl (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
1934Universal Christian Council at Fanø 1934 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaBonhoeffer family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
ParellaMaria von Wedemeyer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisKarl Bonhoeffer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Paula Bonhoeffer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsChristine Bonhoeffer (pt) Traducir, Sabine Leibholz-Bonhoeffer (pt) Traducir, Karl Friedrich Bonhoeffer (pt) Traducir, Klaus Bonhoeffer (pt) Traducir e Ursula Schleicher (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdbonhoeffer.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm7302018 Dialnet: 1638765 iTunes: 77628575 Musicbrainz: 67d0427c-e209-4083-a1a6-408dcf139640 Discogs: 1664128 WikiTree: Bonhoeffer-1 Find a Grave: 6616844 Editar o valor em Wikidata
Dietrich Bonhoeffer

Ante a manipulación ideolóxica da sociedade alemá polo nazismo, foi con Karl Barth un dos grandes animadores da Igrexa confesante, que se opuxo ao novo réxime por consideralo un neopaganismo idólatra, inimigo do auténtico cristianismo.

Pensamento editar

Fronte a un protestantismo acomodaticio que se centra nunha visión superficial da graza, como salvación gratuíta sen consecuencias vitais profundas, Bonhoeffer, sen afastarse das concepcións de Martiño Lutero, desenvolve a idea do que chamou a graza cara: aquela que transforma ao crente mediante á resposta ao Amor de Cristo. Unha resposta de entrega e abnegación radical que asume o desprezo e o sufrimento como consecuencias do seguimento de Xesús de Nazaret.

Bonhoeffer rexeita con vehemencia un cristianismo burgués que constrúe un Deus á súa medida. Rexeita, asemade, o Deus da filosofía, por ser un Deus abstracto e afastado. Desconfía tamén dun Deus da relixión, feito a imaxe e semellanza das necesidades da inmaturidade impropia do home contemporáneo. Afirma, pois, un cristianismo sen relixión, que vive da experiencia do amor absoluto manifestado en Cristo. Unha fe sen relixión, que busca o seguimento radical e o servizo universal fronte ao espírito mesquiño do home tipicamente relixioso, escravo da preocupación egoísta pola súa propia salvación.

Para Bonhoeffer o Deus de Xesucristo interpela a existencia con toda a súa angustia e profundidade, ao modo de Kierkegaard. Pero é tamén un Deus que está no centro da vida na súa dimensión social e, xa que logo, na súa proxección política. O crente é un home para os demais e isto pode levalo a enfrontarse ás estruturas que escravizan á persoa e a combater ao poder político totalitario.

Acción e execución editar

Bonhoeffer, como pastor protestante, despregou unha acción incansable para axitar as conciencias manipuladas pola ideoloxía nazi. Organizou accións de axuda ás minorías perseguidas, especialmente aos xudeus. Prohibíuselle o traballo docente e pastoral. Acosado pola Gestapo viaxa ao Reino Unido pero decide retornar. Implicouse na resistencia organizada a un réxime que acabou encarcerándoo, trasladándoo a varios campos de concentración e aforcándoo.

Obras editar

  • Acto e Ser (1930)
  • O prezo da Graza: o seguimento(1937)
  • A vida en comunidade (1938)
  • Resistencia e Submisión. Cartas e apuntamentos dende o cárcere (póstuma)