Dieter Quester

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Austria Austria
Anos en activo 1969, 1974
Escudería(s) BMW, Surtees
Grandes Premios disputados 2 (1 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1969
Derradeiro GP Gran Premio de Austria de 1974

Dieter Quester, nado o 30 de maio de 1939 en Viena, Austria,[1] é un activo piloto de carreiras austríaco. Dieter participou en 53 carreiras de 24 horas. Competiu nunha soa carreira de Fórmula 1 na que terminou noveno.

Dieter Quester 2008

Comezou en motonáutica na década de 1950, converteuse en parte do equipo BMW de Fórmula 2, que pretendía participar no Gran Premio de Alemaña de 1969. O seu compañeiro de equipo Gerhard Mitter morreu en Nürburgring mentres practicaba co BMW 269. Ante a sospeita dun fallo na suspensión ou a dirección, o equipo BMW con Quester e Hubert Hahne retiráronse da carreira, do mesmo xeito que o seu compañeiro do equipo Mitter con Porsche, Hans Herrmann.

Quester participou no Gran Premio de Austria de 1974 o 18 de agosto de 1974. Terminou noveno por diante de Hans-Joachim Stuck e o dobre campión do mundo Graham Hill na carreira, pero non anotou puntos no campionato.

Posteriormente Quester centrouse de novo no Campionato Europeo de Turismos pilotando un BMW 3.0 CSL do equipo Schnitzer Motorsport. Quester xa gañara as 24 Horas de Spa de 1973. Posteriormente participou en carreiras no DTM.

A súa carreira segue activo aos 70 anos, patrocinado por Red Bull. O 15 de xaneiro de 2006, gañou a carreira de 24 horas no Dubai Autódromo nun BMW M3 xunto con Hans-Joachim Stuck, Philipp Peter e Toto Wolff. Stuck e Quester volveron ás 24 Horas de Nürburgring, pero o seu BMW resultou destruído nun accidente provocado por un derrrame de combustible que implicou a sete coches. Durante a fin de semana do 9-10 de setembro de 2006 gañou o Britcar 24 Horas de Silverstone nun BMW MZ4 e 14 de xaneiro de 2007 volveu gañar a carreira de 24 horas no Autódromo de Dubai no BMW Z4. En setembro de 2007 gañou as 24 Horas de Silverstone no BMW Z4, por unha marxe de 30 voltas.

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos
1969 Bayerische Motoren Werke BMW 269 BMW Straight-4 RSA
ESP
MON
NED
FRA
RU
ALE
NTS
ITA
CAN
USA
MEX
NC 0
1974 Memphis International Team Surtees Surtees TS16 Cosworth V8 ARX
BRA
RSA
ESP
BEL
MON
SWE
NED
FRA
RU
ALE
AUT
9
ITA
CAN
USA
NC 0

Notas editar

  1. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar