Dieta mediterránea

patrimonio cultural intanxible

Coñécese como dieta mediterránea ao xeito de alimentarse baseado nunha idealización dalgúns padróns dietéticos dos países mediterráneos, especialmente: España, Portugal, Francia, Italia, Grecia e Malta.[1]

Dieta mediterránea
As verduras e o aceite de oliva son os elementos fundamentais da dieta mediterránea.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Portugal Portugal
Francia
Grecia Grecia
Chipre Chipre
Italia Italia
Marrocos Marrocos
Croacia Croacia
LocalizaciónSur de Europa
TipoCultural inmaterial
CriteriosR1, R2, R3, R4 e R5
Inscrición2010
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador00884

As características principais desta alimentación son un alto consumo de produtos vexetais (froitas, verduras, legumes, froitos secos), pan e outros cereais (co trigo como alimento base), o aceite de oliva como graxa principal, o vinagre e o consumo regular de viño en cantidades moderadas.

Historia editar

As primeiras referencias científicas a unha dieta mediterránea son do ano 1948, cando o epidemiólogo Leland G. Allbaugh estudou o xeito de vida dos habitantes da illa de Creta e, entre outros aspectos, comparou a súa alimentación coa de Grecia e os Estados Unidos.[2] Pola súa banda, o fisiólogo norteamericano Ancel Keys, que encabezou un estudo sobre as doenzas coronarias, o colesterol do sangue e o estilo de vida de sete países (Italia, Iugoslavia, Grecia, Países Baixos, Finlandia, os Estados Unidos e o Xapón) trala segunda guerra mundial, contribuíu á súa difusión. Keys e os seus colaboradores apreciaron que a incidencia das doenzas coronarias era menor nas zonas rurais do sur de Europa e no Xapón. Sospeitaron que había un factor protector no estilo de vida, que etiquetaron como "maneira mediterránea" (mediterranean way). Describiron este estilo de vida como "moi activo fisicamente (pola escasa mecanización do agro), frugal, e cunha inxestión predominante de produtos vexetais e reducida en produtos de orixe animal".[3] A posterior difusión dos seus resultados asimilou o concepto de "estilo mediterráneo" co de "dieta mediterránea".

Notas editar

  1. León MT y Castillo MD. 2002. La dieta mediterránea está de moda. Medicina General 49: 902-908. Arquivado 17 de maio de 2011 en Wayback Machine.
  2. Allbaugh LG. 1953. Food and nutrition (chapter 6). En: Crete: A case study of an underdeveloped area. Princeton University Press, Princeton, NJ. pp: 97-135.
  3. Kromhout D, Bloemberg B, Seidell JC, Nissinen A y Menotti A. 2001. Physical activity and dietary fiber determine population body fat levels: the Seven Countries Study. International Journal of Obesity 25 (3): 301-306.