Diego Colotto
Diego Daniel Colotto, nado en Río Cuarto (Córdoba) o 10 de marzo de 1981, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de defensa central.
Diego Colotto | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Diego Daniel Colotto | ||
Nacemento | 10 de marzo de 1981 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Río Cuarto | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2001–2004 | Estudiantes | 116 | (4) |
2005–2007 | Tecos de la UAG | 82 | (8) |
2007–2008 | Atlas | 31 | (2) |
2008–2012 | Deportivo da Coruña | 113 | (8) |
2012–2015 | Espanyol | 82 | (7) |
2015 | Pune City | 3 | (0) |
2016 | Lanús | 3 | (0) |
2016–2018 | Quilmes | 28 | (0) |
Selección nacional | |||
2003–2006 | Arxentina sub-20 | 7 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
O 30 de agosto de 2008 fichou polo Deportivo da Coruña procedente do Atlas de Guadalajara, por 2,5 millóns de euros. O 2 de outubro de 2008 axudou ao Deportivo a chegar á fase de grupos da Copa da UEFA despois de marcar dous goles no partido de volta ante o SK Brann. O Deportivo perdera no primeiro encontro en Noruega (2–0) e Colotto marcou os dous tantos que equilibraron o marcador. O Deportivo gañou o partido despois de que o meta Daniel Aranzubia detivese 3 penaltis na quenda de lanzamentos.
O 22 de xuño de 2012 firmou polo RCD Espanyol, converténdose na primeira fichaxe do conxunto catalán de cara á tempada 2012–13.[1]
Selección nacional editar
Foi internacional coa selección sub-20 arxentina coa que gañou a Copa Mundial sub-20 de 2001.
Palmarés editar
Club editar
- Deportivo
Selección editar
Notas editar
- ↑ ""Colotto firma por el Espanyol"". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2012.