Diego Caballo

futbolista español

Diego Caballo Alonso, nado en Salamanca o 17 de febreiro de 1994, é un futbolista español, que xoga de lateral esquerdo no Aab, da Superliga de Dinamarca.

Diego Caballo
Información persoal
Nome Diego Caballo Alonso
Nacemento 17 de febreiro de 1994 (30 anos)
Lugar de nacemento Salamanca
Altura 1,71 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Aab
Número 15
Carreira xuvenil
1999–2003 Capuchinos
2003–2009 Salamanca
2009–2013 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 Real Madrid C 59 (5)
2014–2015 Real Madrid Castilla 6 (0)
2015–2017 Valencia Mestalla 30 (1)
2017–2018 Fabril 30 (2)
2018–2019 Deportivo da Coruña 29 (0)
2019–2020 Extremadura 14 (1)
2020–2021 Albacete 46 (0)
2021–2022 Sabadell 30 (1)
2022–2023 Sydney 25 (2)
2023– Aab 13 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezos editar

Nacido en Salamanca, comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos nun equipo do seu barrio, o Capuchinos, onde militou ata que o seu talento chamou a atención do club máis importante da cidade, a UD Salamanca, que o fichou con nove anos.[1][2] Vestiu a camiseta unionista durante oito anos, sendo un habitual nas convocatorias das categorías inferiores da selección de Castela e León. As súas calidades espertaron o interese de importantes clubs como o FC Barcelona, o Valencia ou o Tottenham Hotspur, pero foi o Real Madrid o que conseguiu incorporalo no verán de 2009 para o seu equipo cadete.[3][4]

Real Madrid editar

Tras subir polas diferentes categorías inferiores do club branco, debutou co Real Madrid C na Segunda División B na tempada 2013/14, disputando 24 partidos, 22 deles como titular. Na seguinte campaña xogou varios partidos co Real Madrid Castilla na mesma categoría, á que o equipo acababa de descender.

Valencia Mestalla editar

No verán de 2015 asinou como novo xogador do Valencia Mestalla, tamén en Segunda B. Ás ordes de Curro Torres, xogou 22 partidos durante a súa primeira tempada, todos como titular, e foi convocado nalgunhas ocasións co primeiro equipo.[5] Na seguinte tempada viviu un ano difícil, con pouca participación no equipo, disputando só 8 partidos.[6]

Fabril editar

Na tempada 2017/18 fichou polo Fabril, tamén de Segunda B, onde recuperou a confianza perdida o ano anterior en Valencia.[6] Foi un dos piares do filial coruñés, que completou a mellor tempada da súa historia, acadando a promoción de ascenso á Segunda División.[7] Caballo contribuíu con 30 partidos, 27 deles saíndo dende o once inicial, e marcou dous goles en cadansúa vitoria contra o Coruxo e a Ponferradina.[8][9]

Deportivo da Coruña editar

A súa gran tempada no filial, abriulle as portas do primeiro equipo do Deportivo da Coruña, ao que subiu en agosto de 2018, xunto aos seus compañeiros fabrilistas Edu Expósito e Borja Galán.[10][7] Debutou na Segunda División na primeira xornada contra o Albacete e foi titular na maioría de partidos de liga, acadando o equipo a promoción de ascenso a Primeira. Iniciou a tempada 2019/20 nas filas do club galego, pero despois da terceira xornada o seu contrato foi rescindido para que puidese asinar co Extremadura.[11][12] Xogou un total de 29 encontros coa camiseta do Deportivo.

Extremadura editar

Titular indiscutible nas aliñacións do coruñés Manuel Mosquera co Extremadura, disputou 15 partidos na primeira metade da competición, co equipo loitando por saír dos postos de descenso. O 22 de xaneiro de 2020 rescindiu o seu contrato co Extremadura, e asinou como novo xogador do Albacete Balompié, tamén de Segunda.[13]

Albacete editar

Xogou durante un ano e medio no club castelán-manchego, disputando 46 encontros, pero ao remate da tempada 2020/21 o equipo descendeu á Primeira División RFEF. A continuación o xogador rescindiu o seu contrato e fichou polo Sabadell, tamén de Primeira RFEF.[14]

Sabadell editar

Co club catalán disputou 31 partidos, marcando un gol ante o Alcoyano. O equipo ocupou postos de descenso durante parte da tempada, pero mellorou notablemente trala chegada de Munitis ao banco e rematou a campaña loitando polos postos de promoción de ascenso.[15]

Sydney FC editar

En xullo de 2022 saíu por primeira vez a un club estranxeiro, fichando polo Sydney FC, da A-League de Australia.[16] Xogou 28 partidos co equipo de Sydney e diputou os play-offs polo título, caendo en semifinais ante o Melbourne City.[17]

Aalborg editar

En xullo de 2023 regresou ao fútbol europeo para xogar no Aab dinamarqués.[4]

Notas editar

  1. Hernández, Pedro (19 de xaneiro de 2019). "Diego Caballo, el charro que fue promesa del Real Madrid, entrenó con la España campeona del mundo y busca el ascenso con el Depor: "El trabajo de tantos años ahora se ve recompensado"" (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  2. "Diego Caballo, ¿el futuro carrilero zurdo del Madrid?" (en castelán). 5 de marzo de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  3. "Los mejores del mundo ya conocen la calidad de Diego Caballo" (en castelán). 8 de xullo de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 González, Juanjo (6 de xullo de 2023). "El salmantino Diego Caballo, de Australia a Dinamarca" (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  5. "Diego Caballo concluye la temporada con buenos números" (en castelán). 5 de xullo de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 "Diego Caballo: «Tengo cerrada cualquier otra puerta, hasta el último momento esperaré al Deportivo»" (en castelán). 28 de xuño de 2018. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  7. 7,0 7,1 "Un pedazo de la 'Fabrilia' para Anquela". La Opinión A Coruña (en castelán). 10 de xullo de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  8. "El Fabril frena la racha del Coruxo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de setembro de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  9. Antelo, Iván (18 de febreiro de 2018). "El Fabril galopa hacia el «play off» al ritmo de Caballo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  10. "Diego Caballo terá ficha co primeiro equipo do Dépor 2018-2019". Deportivo da Coruña. 13 de agosto de 2018. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  11. "O Deportivo e Diego Caballo acordan a rescisión do contrato". 3 de setembro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  12. "Oficial: Caballo, nuevo jugador del Extremadura"
  13. "Diego Caballo es del Alba" (en castelán). 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  14. "Diego Caballo rescinde su contrato con el Albacete y ficha por el Sabadell" (en castelán). 12 de agosto de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  15. "Munitis, entrenador de moda en Primera RFEF" (en castelán). 5 de marzo de 2022. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  16. Oliva, Rubén (14 de xullo de 2022). "El ex del Alba, Diego Caballo, ficha a sus 28 años por el equipo australiano del Sydney FC" (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  17. "Melbourne City 4-0 Sydney FC". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar