Die fetten Jahre sind vorbei

Die fetten Jahre sind vorbei é un filme alemán de 2004 escrito e dirixido polo austríaco Hans Weingartner e protagonizada por Daniel Brühl. Narra os eventos sucedidos a tres activistas anticapitalistas (aparentemente anarquistas): Jule (Julia Jentsch), Peter (Stipe Erceg), Jan (Daniel Brühl).

Die fetten Jahre sind vorbei
Ficha técnica
Título orixinalDie fetten Jahre sind vorbei
DirectorHans Weingartner
ProdutorAntonin Svoboda
Hans Weingartner
GuiónKatharina Held
Hans Weingartner
IntérpretesDaniel Brühl
Julia Jentsch
Stipe Erceg
Burghart Klaussner
MúsicaAndreas Wodraschke
FotografíaDaniela Knapp
Matthias Schellenberg
MontaxeDirk Oetelshoven
Andreas Wodraschke
DistribuidoraCelluloid Dreams
Estrea2004
Duración127 minutos
OrixeAlemaña Alemaña
Austria Austria
XéneroDrama
Recadación$8 152 859
Na rede
IMDB: tt0408777 Filmaffinity: 369099 Allocine: 56870 Rottentomatoes: m/the_edukators Mojo: edukators Allmovie: v307666 TCM: 546879 Metacritic: movie/the-edukators TV.com: movies/the-edukators Netlix: 70033383Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Jan, Peter e Jule están desfrutando da súa rebelde xuventude. Únelles a súa paixón por cambiar o estado do mundo. Convértense nos "The edukators", cuxas accións non violentas tratan de avisar ós ricos locais de que os seus días de abundancia están a piques de rematar. As complicacións aparecen cando Jule se namora dos dous mozos. Ademais, unha das súas incursións nocturnas nunha casa dun home de negocios complícase, e o que se converte nun rapto non intencionado remata por poñelos cara a cara coa lei.

Banda sonora editar

A CD da banda sonora do filme é unha compilación publicada por Mute Records e composta por temas de grupos como Depeche Mode, Placebo, Nada Surf, Franz Ferdinand, Phoenix, Simian e One Inch Punch entre outros, como tamén temas de grupos alemáns como The Notwist, Tocotronic e Slut.

A versión de Jeff Buckley do "Hallelujah" de Leonard Cohen aparece no filme, pero non se inclúe dentro da banda sonora comercializada.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar