Die Taalkommissie

Die Taalkommissie (en afrikaans "A Comisión de Lingua") é un departamento da Suid-Afrikaanse Akademie vir Wetenskap en Kuns (Academia Surafricana de Ciencia e Artes) que serve como o comité técnico da Nasionale Taalliggaam vir Afrikaans  (NTLA) e que funciona como o órgano regulador da lingua africáner. A Akademie fudouse en Bloemfontein en 1909 e en 1914 estableceuse a Spellingskommissie (Comisión de Ortografías), que mudou de nome en 1964 para o actual.[1]

Die Taalkommissie
Tiporegulador lingüístico
Campo de traballoLingua africáner
Data de fundación1909
Organización matrizAcademia Sul-Africana de Ciências e Artes
SedeBloemfontein
PaísSuráfrica
Na rede
https://www.taalkommissie.co.za
Facebook: Taalkommissie Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Gustav Preller, activista do africáner e un dos membros da primeira Spellingskommissie

O traballo principal que realiza esta comisión é a revisión e publicación da Afrikaanse Woordelys en Spelreëls, unha guía estándar da ortografía e convencións para a escrita do africáner.[2] Considerada a fonte de autoridade para a escrita das palabras nesa lingua, e que supuxo o remate á disparidade ortográfica para unha mesma palabra que rexía antes de 1917. Deica 2009 apareceron dez edicións da AWS. 

Ademais ten competencia da gramática de africáner e de novos usos da lingua, como nova terminoloxía,[2] e cobre tamén variedades do africáner, como o nama, griqua ou capense, incluíndo tamén no AWS un gran corpus de palabras usadas pola comunidade islámica africáner.[3]

Presidentes editar

  1. TH le Roux
  2. Francois Odendal
  3. Johan Combrink (1992–1999)
  4. Anton Prinsloo (1999–2003)
  5. Ernst Kotzé (2003–2012)
  6. Tom McLachlan (2012–2013)
  7. Gerhard van Huyssteen (2013- )

Notas editar

  1. Die Geskiedenis van die Afrikaanse Woordelys en Spelreëls Historia da e AWS
  2. 2,0 2,1 Rademeyer, Alet (24 de marzo de 2012). "Tom is leier van taal se komitee". Beeld (Johannesburg). 
  3. Die Suid-Afrikaanse Akademie vir Wetenskap en Kuns: Taalkommissie[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas s editar