Diary é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Sunny Day Real Estate, publicado o 10 de maio de 1994 a través do selo Sub Pop. O disco é considerado por moitos como definitorio da segunda onda do emo. Tamén considerouse o elo perdido entre o post-hardcore e o nacente xénero emo.

Diary
Álbum de Sunny Day Real Estate
Publicado10 de maio de 1994
Gravaciónnovembro de 1993
Duración52:47
Xénero(s)emo
Selo(s)Sub Pop
Producido porBrad Wood
Cronoloxía
- Diary Sunny Day Real Estate

Diary foi remasterizado e reeditado no ano 2009 cos temas extra "8" e "9", sacados do seu 7" de 1993 Thief, Steal Me A Peach.

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Jeremy Enigk e Dan Hoerner

N.º Título Duración
1. "Seven"   4:45
2. "In Circles"   4:58
3. "Song About an Angel"   6:14
4. "Round"   4:10
5. "47"   4:34
6. "The Blankets Were the Stairs"   5:27
7. "Pheurton Skeurto"   2:33
8. "Shadows"   4:46
9. "48"   4:46
10. "Grendel"   4:53
11. "Sometimes"   5:43
52:52
Cancións extra da reedición
N.º Título Duración
12. "8"   5:15
13. "9"   6:03