Devon Murray
actor irlandés
Devon Michael Murray, nado o 28 de outubro de 1988 en Maynooth, Condado de Kildare, é un actor irlandés coñecido por interpretar a Seamus Finnigan nos filmes de Harry Potter.
Devon Murray | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1988 |
Lugar | Condado de Kildare |
Nacionalidade | Irlanda |
Etnia | Pobo irlandés |
Educado en | National Performing Arts School e Salesian College Celbridge |
Profesión | actor, actor de cinema e actor de televisión |
Na rede | |
http://www.devonmurray.net/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Anteriormente a Harry Potter, Murray xa fixera papeis como o de Christy en This is My Father, Malachy en Angela's Ashes e Geoffrey en Yesterday's Children. Dende o ano 2001 apareceu nos oito filmes da saga de Harry Potter.[1] Como anécdota, o seu compañeiro de elenco, Daniel Radcliffe, revelou no DVD especial de Harry Potter e a Orde do Fénix que Murray tiña o récord de crebar o maior número de variñas de reposto durante o transcurso da gravación dun só filme (dez en total).
Filmografía editar
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Devon Murray |