Devasa (silvicultura)

Unha devasa é unha franxa cumprida sen vexetación que se deixa entre as sementeiras e os bosques, ou por en medio dos bosques, para evitar a propagación dos incendios forestais.

Devasa no monte Eretza en Biscaia.

Nas rexións poboadas de especies pirófitas, coma os eucaliptos ou os piñeiros, os bosques deben estar provistos dunha rede de devasas que comprende:

  • unha devasa perimétrica, que illa o macizo forestal das masas contiguas,
  • unha devasa diametral, que se estende dun ao outro extremo seguindo o eixo maior.
  • unha serie de devasas secundarias, habitualmente trazadas de xeito perpendicular aos ventos máis frecuentes durante a estación seca.

Nas rexións accidentadas, as devasas adoitan situarse nas cristas, entendendo que dado que a propagación monte arriba é moi rápida o esforzo debe concentrarse en que non se estenda o lume polo outro lado da montaña.

As devasas necesitan rozas e limpezas periódicas e é aconsellábel escoltalos de especies caducifolias, máis resistentes á acción do lume.