Dev Patel

Actor inglés de orixe hindú

Dev Patel, nado o 23 de abril de 1990 en Harrow, Londres, é un actor inglés de orixe india, concretamente guxaratí.[1] Os seus pais naceron en Kenya, na comunidade hindú, pero coñecéronse en Inglaterra.

Infotaula de personaDev Patel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Harrow, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónWhitmore High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de televisión , director de cinema , actor de cinema , taekwondista , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
DeporteTaekwondo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaFreida Pinto (2009–2014) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2353862 Allocine: 189945 Rottentomatoes: celebrity/dev_patel Allmovie: p527866 TCM: 11255350 TV.com: people/dev-patel WikiTree: Patel-676 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria persoal editar

Dende pequeno practicou varias artes marciais, conseguindo en 2006 o cinto negro en taekwondo. Foi medalla de bronce nesa disciplina nos Campionatos Mundiais da Action International Martial Arts Association de 2004 en Dublín. Ten máis de 30 medallas de varias competicións.

Traxectoria profesional editar

Dende rapaz tivo interese pola interpretacións e comezou no teatro escolar. Despois pasou á Whitmore High School,[2] onde conseguiu notas relevantes en drama emocionando os profesores o que o levou a se presentar ás audicións da serie Skins, na que conseguiu o seu primeiro papel interpretando a un paquistaní, en 2007, con 17 anos. Con ese papel, fíxose famoso no Reino Unido pola interpretación de Anwar Kharral nas dúas primeiras tempadas da serie.

O ano seguinte debutou no cine con Slumdog Millionaire, o filme de Danny Boyle, co papel de Jamal Malik. En 2010, foi un dos protagonistas do filme The Last Airbender, baseado na serie de debuxos animados Avatar: The Last Airbender, e aínda que recadou 150 millóns de dólares, Patel foi nomeado nos Premio Golden Raspberry 2014 como o peor actor.[2]

En 2014, participou na serie The Newsroom, durante 25 episodios.

Filmografía editar

Televisión
Ano Título Papel Notas
2007–2008 Skins Anwar Kharral Personaxe principal
2009 Mister Eleven Camareiro Papel menor
2012-2014 The Newsroom Neal Sampat 25 episodios
Cine
Ano Título Papel Notas
2008 Slumdog Millionaire Jamal Malik Protagonista
2010 The Last Airbender Zuko Antagonista
2012 The Best Exotic Marigold Hotel Sonny Kapoor
About Cherry Andrew
2014 The Road Within Alex
2015 Chappie Deon Wilson
The Second Best Exotic Marigold Hotel Sonny Kapoor
The Man Who Knew Infinity S. Ramanujan
2016 Lion[3] Saroo Brierley
2018 Hotel Mumbai Arjun

Notas editar

  1. "Dev Patel". imdb.com. Consultado o 18-08-2018. 
  2. 2,0 2,1 Nosheen, Iqbal (21-02-2015). "Dev Patel: ‘I didn't know what I was getting myself into’". theguardian.com. Consultado o 18-08-2018. 
  3. Arantzazu Ruiz, Paula (27-01-2017). "Lion". play.ara.cat (en catalán). Consultado o 18-08-2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar