Detective Pikachu (filme)

filme de 2019 dirixido por Rob Letterman

Detective Pikachu, tamén coñecido como Pokémon: Detective Pikachu, é un filme estadounidense-xaponés dirixido por Rob Letterman. Baséase no universo da franquía Pokémon creada por Satoshi Tajiri e é unha vaga adaptación do videoxogo homónimo de 2016.[5] O guión foi escrito por Letterman, Dan Hernandez, Benji Samit e Derek Connolly, a partir dunha historia de Hernandez, Samit e Nicole Perlman. O filme foi producido por Legendary Pictures en asociación con Toho. É o primeiro filme de acción en vivo de Pokémon.[6] Ryan Reynolds é o protagonista que achega a voz e a captura de movementos de Pikachu, e Justice Smith, Kathryn Newton, Suki Waterhouse, Omar Chaparro, Chris Geere, Ken Watanabe e Bill Nighy interpretan papeis de acción en vivo.

Detective Pikachu
Ficha técnica
Título orixinalDetective Pikachu
DirectorRob Letterman
Produtor
Guión
Baseado enDetective Pikachu de The Pokémon Company
Intérpretes
MúsicaHenry Jackman[1]
FotografíaJohn Mathieson
Montaxe
Estudio
Distribuidora
EstreaXapón 3 de maio de 2019
10 de maio de 2019
Duración104 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Xapón
XéneroComedia, acción
Orzamento150 millóns de dólares[3][4]
Recadación433,05 millóns de dólares[4]
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/pokemon-detective-pikachu
IMDB: tt5884052 Filmaffinity: 351741 Allocine: 248825 Rottentomatoes: m/pokemon_detective_pikachu Mojo: detectivepikachu Allmovie: v711925 TCM: 2189467 Metacritic: movie/pokemon-detective-pikachu TV.com: movies/pokemon-detective-pikachu
Facebook: detectivepikachumovie Twitter: DetPikachuMovie Instagram: detectivepikachumovie Netlix: 81037695Editar o valor em Wikidata

A rodaxe tivo lugar entre xaneiro e maio de 2018 en Colorado, Inglaterra e Escocia. Detective Pikachu estreouse no Xapón o 3 de maio de 2019,[7][8] e nos Estados Unidos o 10 de maio de 2019, sendo distribuído por Warner Bros. Pictures nos formatos RealD 3D, Dolby Cinema, 4DX e ScreenX.[9] É o primeiro filme de Pokémon en ser distribuído nos cinemas dos Estados Unidos dende Pokémon Heroes (2003) e o primeiro en ser distribuído por Warner Bros. dende Pokémon 3 (2001). O filme recibiu valoracións dispares por parte da crítica. Cunha recadación de máis de 433 millón de dólares, é o segundo filme baseado nun videoxogo con maior recadación de tódolos tempos.

O desenvolvemento dunha secuela foi anunciado en xaneiro de 2019, antes da estrea do filme.

Sinopse editar

O argumento conta a historia de Tim Goodman que tenta descubrir o misterio da desaparición do seu pai, Harry, coa axuda do seu antigo compañeiro detective, Pikachu.

Personaxes editar

Acollida editar

Recadación editar

Detective Pikachu recadou 144,1 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá, e 288,9 millóns de dólares noutros territorios, cunha recadación total internacional 433 millóns de dólares, sobre un orzamento de 150 millóns de dólares.[4]

Notas editar

  1. "Henry Jackman to Score Rob Letterman's 'Pokémon: Detective Pikachu' – Film Music Reporter". Film Music Reporter. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  2. "Detective Pikachu (PG)". British Board of Film Classification. 10 de maio de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  3. Ryan Faughnder (7 de maio de 2019). Los Angeles Times, ed. "Can 'Avengers: Endgame' top 'Avatar's' box office record? Analysts say it has a shot". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 8 de maio de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Pokémon Detective Pikachu (2019)". Box Office Mojo. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  5. Orange, Alan (26 de febreiro de 2019). "Detective Pikachu Trailer No. 2 Reveals Mewtwo and More Iconic Pokemon". MovieWeb. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  6. Sharf, Zack (26 de febreiro de 2019). "'Detective Pikachu' Official Trailer: Ryan Reynolds Brings Pokémon Mayhem". IndieWire. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2019. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  7. Famitsu, ed. (20 de marzo de 2019). "映画『名探偵ピカチュウ』の前売券が3月21日より発売開始! 限定柄前売券や限定商品の情報が公開" (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  8. 4Gamer.net, ed. (20 de marzo de 2019). "映画「名探偵ピカチュウ」の前売券が3月21日に発売。5月3日の日本先行公開も決定". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  9. Kit, Borys (11 de decembro de 2017). "Ryan Reynolds' 'Detective Pikachu' Gets 2019 Release Date". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar