Desoxiadenosina monofosfato

composto químico

A desoxiadenosina monofosfato, tamén chamada monofosfato de desoxiadenosina ou ácido 5'-desoxiadenílico (ou desoxiadenilato), abreviada como dAMP, é un nucleótido que forma parte do ADN formado polo nucleósido desoxiadenosina esterificado cun fosfato. A molécula consta do azucre desoxirribosa enlazado á base nitroxenada adenina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' do azucre[1].

Desoxiadenosina monofosfato
Identificadores
Número CAS 653-63-4
PubChem 621
ChemSpider 12079
MeSH Deoxyadenosine+monophosphate
ChEBI CHEBI:17713
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H14N5O6P
Masa molecular 331,222 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A función do dAMP na célula é a de ser un dos nucleótidos que forma parte do ADN, xunto con dGMP, dCMP e dTMP. Os nucleótidos chegan á zona de replicación do ADN como nucleósidos trifosfato, neste caso dATP, perden dous fosfatos en forma de pirofosfato, e enlázanse á cadea de ADN en formación como nucleósidos monofosfato, neste caso dAMP.

Notas editar

  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. Páxina 798. ISBN 84-282-0738-0