O deserto de Libia atópase ó nordeste do deserto do Sáhara. É un enorme mar de area situado entre o río Nilo e o Fezzan, principalmente explorado na segunda guerra mundial. A pesar de ser coñecido polas súas dunas, tamén ten partes rochosas coma Iebel Uweinat e Gilf Kebir ou o famoso oasis de Kufra. Nas súas areas pereceu o exército do rei persa Cambises (Herodoto fala de ata 50 000 soldados) contra o oasis de Siwa, nos seus límites. Repleto de uadi e serir, atravesaron as súas areas personaxes tan coñecidos coma Laszlo E. Almásy ou Antoine de Saint-Exupéry, mentres que os seus habitantes permanentes nos oasis pertencen á tribo dos tebu.

Vista satélite da rexión

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.