Descendemento de Xesús

representación artística de Cristo no momento de ser retirado da cruz na que foi crucificado

O Descendemento da Cruz ou Descendemento de Xesús é a escena, representada na arte, da retirada do corpo xa morto de Xesús da Cruz por Xosé de Arimatea e Nicodemos, relatado en Xoán 19,38-42.[1] Na arte bizantina, o tema tornouse moi popular no século IX e, no occidente, a partir do século X. O descendemento é a décimo terceira das estacións da Cruz.

Descendemento da Cruz.
1521. Por Rosso Fiorentino, no Museo de Volterra, Italia.

Outras figuras, non mencionadas nos evanxeos canónicos e que son xeralmente incluídas nas representacións, son Xoán o Evanxelista, que aparece ás veces axudando a Virxe María (no tema coñecido como Desmaio da Virxe), como é o caso na obra de Rogier van der Weyden, e María Madalena. O Evanxeo de Xoán menciona un número indefinido de mulleres que asistirían á crucifixión de Xesús, incluíndo as chamadas "Tres Marías". Elas e outras, ademais doutros homes tampouco nomeados, xeralmente aparecen nas representacións.[2]

Relato evanxélico editar

Logo da morte na cruz de Xesús de Nazaret, Xosé de Arimatea pediu a Pilato o corpo de Xesús; este preparou o descendemento e posterior sepelio de Xesús.

Durante o descendemento, estaban presentes, entre outros, María e María Madalena, ademais de Nicodemo e Xosé de Arimatea, que descenderon a Xesús da cruz, puxeron a escaleira primeiro detrás e logo diante da Cruz, subindo uns lenzos para axudarse para baixar o corpo.

Logo de descender totalmente o corpo, envolvérono desde os xeonllos ata a cintura e entregárono á súa nai (escena da "Piedade").

Na arte editar

A súa iconografía inclúe o corpo morto de Cristo xunto con certos panos característicos (a sindone e o perizonium), o que dá oportunidade aos artistas de demostraren a súa habilidade no espido parcial masculino (en posturas especialmente forzadas) e nas roupaxes, así como na utilización da cor branca. Os rostros e ademáns do grupo que asistes á escena permiten o lucimento na captación de expresións. Adoita tamén darse importancia á propia cruz de Cristo e a certos símbolos da Paixón denominados arma Christi. A contorna paisaxística pode incluír a vista de Xerusalén desde o Gólgota.

Pintura editar

Pintura
Cadro Título Ano Autor Museo Cidade País
  O Descendemento da cruz n/d Fra Angelico Museo Nacional de San Marcos Florencia   Italia
  O Descendemento da cruz 1633 Rembrandt Alte Pinakothek Múnic   Alemaña
  O Descendemento da cruz 1521 Rosso Fiorentino Pinacoteca e Museo Civico Volterra   Italia
  Tríptico do Descendemento da cruz 1611-1614 Rubens Catedral Antuerpen   Países Baixos
  O Descendemento da cruz h. 1436 Rogier van der Weyden Museo do Prado Madrid   España
  Tríptico do Descendemento da cruz h. 1530 Ambrosius Benson Catedral Segovia   España

Escultura editar

Escultura
Obra Título Anño Autor Museo Cidade País
  O Descendemento da cruz h. 1178 Antelami, Benedetto Catedral Parma   Italia
  Santísimo Cristo do Calvario 1814 Fernando Estévez Ermita del Calvario La Orotava   España

Notas editar

  1. Xoán 19,38-42
  2. G. Schiller, Iconography of Christian Art, Vol. II, 1972 (English trans from German), Lund Humphries, London, p.164, ISBN 853313245