Dereito de familia

área do dereito

O dereito de familia ou tamén chamado dereito familiar é o conxunto de normas e institucións xurídicas que regulan as relacións persoais e patrimoniais dos membros que integran a familia, entre si e respecto de terceiros.

Cadro do suízo Albert Anker, "Die Ziviltrauung" (1887). A regulación do casamento civil é propio do Dereito de Familia.

Natureza xurídica editar

Tradicionalmente considerouse que o dereito de familia é unha póla do dereito civil; porén, posto que este último se estrutura sobre a base da persoa individual e dado que habitualmente estimouse que as relacións de familia non poden quedar rexidas só por criterios de interese individual e a autonomía da vontade, gran parte da doutrina considera que é unha póla autónoma do dereito, con principios propios. Porén, para considerarse autónoma, é preciso que se dean tres supostos: a independencia doutrinal, a independencia lexislativa e a independencia xudicial.

Varios países recolleron lexislativamente este cambio doutrinario ditando un Código de Familia (á parte dun Código Civil). Ese foi o caso de Alxeria, Bolivia, o Canadá, Cuba, Nicaragua, Costa Rica, O Salvador, Filipinas, Venezuela, Honduras, Malí, Marrocos, Panamá, Polonia e Rusia, entre outros.[1]

Notas editar

  1. "Código de Familia de El Salvador, pdf". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 05 de xuño de 2018.