Dereito administrativo

O dereito administrativo é unha póla do dereito que estuda as relacións xurídicas nas que a administración pública actúa investida da potestade ou autoridade que lle é propia. Quedarían por tanto exentas do dereito administrativo as relacións nas que a Administración actúa como suxeito de dereito privado.

O Palacio Stenbockska é a sede do Tribunal Supremo Administrativo de Suecia.

Contido editar

O dereito administrativo forma parte do dereito público. Trata ou regula entre outras materias:

  • Os tipos de administracións e, sobre todo as chamadas admnistracións territoriais: O Estado, a Comunidade Autónoma e a Administración local.
  • Os actos e os procedementos administrativos, que son as canles, trámites o protocolos que están definidos e descritos legalmente, e que deben seguir as administracións na súa actuación. A ausencia do procedemento axeitado pode supoñer a nulidade do acto administrativo.
  • O dereito funcionarial, que versa sobre as relacións da Administración cos seus funcionarios;
  • O dereito urbanístico, que é o que regula a ordenación do territorio;
  • Propiedades especiais e medio ambiente: augas, montes e costas;
  • Moitos aspectos sectoriais como a sanidade, a obra pública, o transporte ou a xustiza.

Dereito Administrativo galego editar

Se ben xa había dereito civil, dado que o dereito administrativo regula a acción administrativa dentro das canles da Constitución, en Galiza non tivo verdadeira presenza ata a aprobación da constitución española de 1978, e foi afianzado co estatuto de autonomía de 1981 e a creación das principais institucións políticas galegas o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia. O goberno autonómico, en conxunto co goberno estatal, define as competencias contidas no dereito administrativo galego.