Deporte rural vasco

O deporte rural vasco (en éuscaro Herri kirolak e en francés Force basque) é o termo que abrangue diferentes modalidades deportivas que se practican por tradición no medio rural do País Vasco.

Proba de barrenadoiros.

Algúns destes deportes xurdiron e son específicos do País Vasco, aínda que outros se practican dun ou doutro xeito tamén noutras partes do mundo.

É destacábel que en xeral todos os deportes rurais vascos necesitan dunha gran forza física e unha gran resistencia.

Todos estes deportes teñen a súa orixe en actividades laborais do medio rural que se transformaron en activiades deportivas a partir da competencia entre diferentes persoas por ver quen ten a meirande destreza nunha actividade determinada. Así, por exemplo, a partir da actividade de cortar troncos para se aprovisionar de leña xorde o deporte dos aizkolaris ou cortadores de troncos; a partir da actividade de mover grandes rochas para a construción xorde o levantamento de pedras etc.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar