Deokhye de Corea

aristócrata surcoreana

Deokhye de Corea, nada en Seúl o 25 de maio de 1912 e finada na mesma localidade o 21 de abril de 1989, foi a derradeira princesa do Imperio Coreano.

Infotaula de personaDeokhye de Corea

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ko) 이덕혜
(ja) 宗 徳恵 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1912 Editar o valor em Wikidata
Complexo de Palácios de Ch'angdokkgung, Corea do Sur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 1989 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Complexo de Palácios de Ch'angdokkgung, Corea do Sur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCorea do Sur Editar o valor em Wikidata
Educaciónuniversidade Gakushūin Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua coreana Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Yi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeTakeyuki Sō (en) Traducir (1931–1955), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosMasae Sō (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGojong da Coreia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Imperial Consort Gwiin Yang (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPrince Wanhwa (en) Traducir, Sunjong da Coreia (pt) Traducir, Prince Yi Kang (en) Traducir e Yi Un (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: 李-102

Traxectoria editar

 
Takeyuki Sō e Deokhye (1931)

Naceu no palacio Changdeok como a filla máis nova do emperador Gojong e a súa concubina, entón coñecida como Yang Gui-in. O emperador deulle o título de Boknyeong á nai cando pariu a princesa.[1][2] Pero o Xapón non a recoñeceu formalmente ata 1917, por non ser filla da raíña. Nese ano, inscribiron formalmente o seu nome no rexistro da familia imperial. Gojong estableceu no Palacio Deoksu unha gardería para ela á que tamén acudían rapazas da súa idade doutras familias nobres. A partir de 1921 Deokhye estudou na escola elemental Hinodae en Seúl. En 1925 as autoridades xaponesas levárona ao Xapón baixo o pretexto de continuar os seus estudos. Como os seus irmáns foi a Gakushuin, onde estudaba a nobreza xaponesa. Á morte da súa nai en 1929 puido volver a Corea para acudir ao seu funeral da súa nai. Nesa época tivo os primeiros síntomas de demencia precoz.

En maio de 1931 casou co conde Sō Takeyuki (武志; 1923-1985), nun matrimonio concertado cun aristócrata xaponés.[3] Tivo unha filla, Masae (正惠), ou Jeonghye (정혜) en Corea, o 14 de agosto de 1932. O ano seguinte Deokhye recaeu na súa enfermidade mental e pasou varios anos en clínicas de saúde mental.

Coa derrota do Xapón na segunda guerra mundial, Corea recuperou a súa independencia e o seu marido perdeu o seu título de nobreza, ao se abolir no Xapón. O matrimonio divorciouse en 1953. En 1956 perdeu á súa filla e a súa saúde mental resentiuse.

O 26 de xaneiro de 1962, despois de 37 anos,[4] puido volver a Corea. Viviu no palacio Changdeok, con outros membros da antiga familia imperial.[5] 

Notas editar

  1. "Musical “Deokhye, The Last Princess”". kbs. 25 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2017. Consultado o 02 de outubro de 2016. 
  2. "덕혜옹주[德惠翁主,1912.5.25~1989.4.21". doopedia. 
  3. "Life of Joseons Last Princess Revisited". Korea Times. 19 de febreiro de 2010. 
  4. "Late Joseon Princess Deokhye's life revealed". Asia One. 9 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 02 de outubro de 2016. 
  5. "Princess' belongings to return to Korea". korea.net. 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2017. Consultado o 02 de outubro de 2016.