Dentículo (arquitectura)

Os dentículos son motivos ornamentais en forma de pequenos bloques repetritivos moi utilizados nas arquitecturas grega e romana clásicas, así como na neoclásica.

Reconstrución dun templo romano de Xanten (Renania do Norte-Westfalia, Alemaña) con dentículos entre o friso e o cimacio.
Conxunto de dentículos sobre un capitel de orde corintia na Town Hall, Westport, Connecticut, Estados Unidos.

Os dentículos son festóns rectangulares praticados sobre un longo listón (listel) destinados a romper os treitos de luz horizontal dunhe moldura e proxectar sombras cortadas por debaixo do saínte producido pola cornixa dos entablamentos das ordes xónica ou corintia.

Xeralmente teñen unha altura dupla da súa lonxitude, e están separados uns fdos outros por unm espazo baleiro ou metátomo de lonxitude igual á metade do dentículo.

Historia editar

O arquitecto romano Vitruvio (século I a.C.) dicía que representaban a terminación de trabes, como se encontran na súa forma máis desenvolvida nos templos xónicos de Asia Menor, as tumbas de Licia e os pórticos e tumbas do imperio Aqueménida, que simulan en pedra a típica estrutura de madeira, deixando poucas dúbidas sobre a súa orixe.

O exemplo máis antigo é o que se encontra na tumba de Darío o Grande, aproximadamente 500 a.C., esculpido na rocha, e copiando o pórtico do seu palacio.

O seu primeiro emprego en Atenas está na cornixa das cariátides, no pórtico do Erecteión (480 a.C.). Cando máis tarde se utiliza no saínte da cornixa da lanterna de Lisícrates, as dimensións son moito máis pequenas. Nos últimos templos xónicos, como o de Priene, mantense aínda o tamaño grande.

O dentículo foi a principal decoración das cornixas no período romano e no Renacemento italiano. Como regra xeral, a proxección do dentículo é igual ao seu ancho, e os espazos intermedios equivalen á metade do ancho.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar