Dennis Smith Jr.

baloncestista estadounidense

Dennis Cliff Smith Jr., nado o 25 de novembro de 1997 en Fayetteville, Carolina do Norte, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA). Con 1,91 metros de estatura xoga na posición de base.

Dennis Smith Jr.
Brooklyn Nets – No. 4
Posición Base
Información persoal
Nacemento 25 de novembro de 1997 (26 anos)
Fayetteville, Carolina do Norte
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Trinity Christian School
(Fayetteville, North Carolina)
Universidade NC State (2016–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por Dallas Mavericks
Carreira dende 2017
Historial de equipos
Dallas Mavericks (2017–2019)
New York Knicks (2019–2021)
Detroit Pistons (2021)
Portland Trail Blazers (2021–2022)
Charlotte Hornets (2022–2023)
Brooklyn Nets (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

Smith foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Dallas Mavericks.[1] O 5 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie.[2]

O 31 de xaneiro de 2019, Smith foi traspasado xunto a Wesley Matthews, DeAndre Jordan e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft ós New York Knicks, a cambio de Kristaps Porziņģis, Trey Burke, Courtney Lee e Tim Hardaway Jr..[3]

O 8 de febreiro de 2021, Smith foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Derrick Rose.[4][5]

O 23 de setembro de 2021, Smith asinou cos Portland Trail Blazers.[6]

Notas editar

  1. "Mavericks select Dennis Smith Jr. with ninth overall pick in 2017 NBA Draft". mavs.com. 22 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017. 
  2. "Mavs sign first-round pick Dennis Smith Jr.". mavs.com. 5 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  3. "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  4. "Knicks Acquire Derrick Rose". NBA.com. 8 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  5. "Detroit Pistons Acquire Guard Dennis Smith Jr. and a Future Second-Round Pick From New York Knicks In Exchange For Derrick Rose". NBA.com. 8 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  6. "Trail Blazers announce Training Camp roster". NBA.com. 23 de setembro de 2021. Consultado o 23 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar