Denis Law

futbolista británico

Denis Law, nado o 24 de febreiro de 1940, en Aberdeen, é un futbolista retirado escocés, que xogaba de dianteiro e foi unha das estrelas do fútbol europeo dos anos 60.

Infotaula de personaDenis Law

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Aberdeen, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesThe King, The Lawman Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Machar Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Peso69 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEscocia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1956-1960 Huddersfield Town A.F.C. 81(16)
1960-1961 Manchester City 44(21)
1961-1962 Torino FC 27(10)
1962-1973 Manchester United F.C. 309(171)
1973-1974 Manchester City 24(9) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1958-1974   Selección de fútbol de Escocia 55(30) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1974Mundial de Fútbol Alemaña 1974 Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1390303 FIFA: 174695 UEFA: 37395 Editar o valor em Wikidata

A carreira de Law comeza na escuadra da segunda división escocesa do Huddersfield Town no ano 1956. Despois de catro tempadas, o Manchester City contrátao pagando polo seu traspaso £55.000, establecendo un novo récord de traspaso nas illas británicas. Denis Law ficou alí un ano, ao remate do cal foise para o Torino. Aínda que o seu xogo gustou moito no club italiano, el no se rematou de adaptar e volveu a Inglaterra fichando polo Manchester United en 1962. Law é especialmente lembrado polos once anos que permaneceu no United, onde anotou 236 goles en 409 encontros e foi alcumado The King(O Rei) e The Lawman polos seareiros.

En 1964 gaña o Balón de Ouro, premio concedido ao mellor futbolista europeo do ano. Tamén contribuíu á consecución dos títulos de liga do United en 1965 e 1967. En 1973 marcha ao Manchester City para xogar a súa derradeira tempada coma futbolista. Tamén disputou con Escocia no Mundial de 1974. Law é o máximo anotador na historia da selección e o segundo do United, tras Bobby Charlton.

Infancia e Xuventude editar

Denis era o fillo de George Law, un pescador, e de Robina. Era o máis novo de sete irmáns. Os Law eran unha familia pobre, de feito Denis non tivo un par de zapatos ata os catorce anos de idade. As súas primeiras botas de fútbol foron un agasallo dun veciño.

Era seguidor do Aberdeen Football Club.

Huddersfield Town editar

Na tempada 1954/55 foi visto por Archie Beattie, un ollador do Huddersfield Town, o cal lle propuxo unha proba no equipo. Firmou o contrato 3 de abril de 1955.

Mentres estaba no equipo, fixéronlle unha operación para corrixi-lo seu estrabismo, o que fixo que aumentara a súa autoestima e que non tivera que xogar máis cun ollo pechado.[1]

O descenso á segunda división escocesa do club fixo que Law contara con máis opcións de xogar. Así o 24 de decembro de 1956 con tan só dezaseis anos debuta co primeiro equipo. O representante do Manchester United Matt Busby ofreceu ao Huddersfield £10.000 polo xogador, que era unha cantidade máis que respectable por un futbolista naquela época, mais o club rexeitouna. Non foi convocado coa selección escocesa para o Mundial de 1958. Porén, ese mesmo ano, o 18 de outubro por fin debutou co equipo do seu país, anotando un gol.

Manchester City editar

En marzo de 1960 asinou polo Manchester City pagando este polo traspaso unha cantidade récord de £55.000.

O City era unha escuadra feble que o ano anterior sufrira para conserva-la categoría. Este ano non semellaba que as cousas foran a mellor. O propio Law pensaba que o mesmo Huddersfield tiña un mellor equipos naqueles intres.[2]. Law debutou o 19 de marzo anotando un gol nun encontro co Leeds United que rematou en derrota por 4-3. Ao mes seguinte dous goles seus axudan a vencer ó Aston Villa por 4-1 e así mante-la categoría un ano máis.

Participou en 1961 nun encontro coa Escocia contra a Inglaterra. Escocia perdeu por 9-3 e Law falou de que fora o peor día da súa vida.[3]

Era tempo de mudares a un equipo de máis nivel, e no verán de 1961 é traspasado ao Torino.

Torino editar

A súa etapa coma xogador do Torino non foi moi boa no plano deportivo. Ao chegar a Italia outro club, o Inter fíxolle saber que tiña un precontrato asinado con eles, mais pouco antes do comezo da tempada retiraron esta demanda.

Naqueles tempos os xogadores no Reino Unido non eran tratados coma en Italia, e Law atopouse facendo a pretempada nos Alpes aloxado nun hotel de primeiro nivel. Con todo, o pago dos salarios dependía dos resultados obtidos no terreo de xogo, dándolles bolsas cheas de cartos cando o equipo gañaba e deixándoos sen cobrar cando sufrían unha derrota.[4] O estilo de fútbol que se xogaba en Italia non gustou moito ao xogador, era a época de maior esplendor do catenaccio e non facía sinxelo o traballo dun dianteiro.[5]

O 7 de febreiro de 1962 tivo un accidente de coche co seu compañeiro de equipo Joe Baker, quen faleceu no mesmo. Law só sufriu feridas leves. No mes de abril solicitou á directiva o seu traspaso, sen moito éxito. Pouco despois comunicáronlle que ía ser transferido ao Juventus, e que a letra pequena do seu contrato obrigábao ir co seu consentimento ou non. Denis respondeu a isto marchando cara a súa casa en Aberdeen.

Finalmente firmou co United o 10 de xullo de 1962 por unha cantidade récord de £115,000.

Manchester United editar

Os anos de gloria editar

O seu primeiro encontro para o United foi o 18 de agosto de 1962 contra o West Bromwich Albion, e tras só sete minutos de xogo xa anotou o seu primeiro gol coa camisola vermella. Ese ano gañarían a FA Cup, vencendo na final ó Leicester City por 3-1. Law anotou un tanto nese encontro.

Ese ano houbo un incidente que segundo o xogador marcaría a súa carreira nos anos vindeiros. Nun encontro contra o West Bromwich, o 15 de decembro de 1962 o colexiado Gilbert Pullin estívose a mofar del constantemente no transcurso do xogo. Law e o seu adestrador Matt Busby queixáronse á Federación Inglesa de Fútbol.[6] O comité disciplinario decidiu que a actitude de Pullin debía ser castigada. O colexiado non aceptou o veredicto e abandonou a arbitraxe. Law bótalle a culpa a este incidente dos estraños desencontros que tivo despois co colectivo arbitral. Nas súas propias verbas: "Aos ollos dalgúns colexiados Law estaba marcado".[7]

O bo traballo de Law a comezos da 1963/64 fixo que fora elixido para xogar co equipo do "Resto do Mundo" contra Inglaterra. Anotou o gol do seu equipo, que foron derrotados por 2-1. Segundo o propio Denis, estar alí foi a máis grande honra da súa carreira.[8] Na tempada 1964/65 Law é o máximo anotador da liga inglesa, con 28 goles e gaña o Balón de Ouro (premio ó mellor xogador europeo do ano). O United é campión de Liga por vez primeira dende o desastre de Múnic.

A tempada seguinte ven acompañada dunha mancadura no xeonllo, onde xa tivera que ser operado na súa etapa no Huddersfield[9]. Nunca chegaría a recuperarse completamente.

En 1966 Law pediulle ao adestrador do United, Matt Busby, unha suba no soldo na vindeira renovación do contrato. Ameazou incluso con deixa-lo club se non se lle concedía. Busby respondeu situando ao xogador na lista de transferibles. Cando Law foi falar con el, este deulle unha carta pedindo desculpas para que o xogador a asinara.[10] Así o fixo, e o United a fixo pública. Anos despois Law comentou que todo isto fora unha montaxe de Busby para evitar que outros xogadores fixeran o mesmo, e que segredamente si lle concedeu o aumento.[11]

Na tempada 1967/68 o United gaña por vez primeira a Copa de Europa, pero Law non puido xogar nin a semifinal nin a final, por problemas co seu xeonllo. No ano 1969 chegan á semifinal da Copa de Europa, mais perde contra o AC Milan. Busby deixa o seu cargo a finais da tempada e aí comeza a decadencia do United.

A decadencia editar

Wilf McGuinness fíxose cargo do equipo ao comezo da tempada 1969/70.[12] O United rematou oitavo na liga, e Law perdeu case toda a tempada por mor da súa lesión no xeonllo. No mes de abril de 1970 é posto á venda por 60.000 Libras. Coma ninguén fixo oferta algunha, fica no equipo.

Despois dos pores resultados obtidos na tempada 1970/71, Frank O'Farrell faise co posto de adestrador. Ese ano rematarían quintos a pesar de facer un bo comezo e con Law en plena forma.

Ao ano seguinte Law volve ter problemas co xeonllo e só puido anotar un gol en toda a campaña. O'Farrell foi despedido. Law recomendoulles a Tommy Docherty coma adestrador e no club tiveron en conta a súa proposta.[13]. Parece que aquí o United comezou a mellorar.

Derradeira Tempada (1973-74) editar

Docherty deulle a carta de liberdade no verán de 1973, e volveu ó Manchester City, co que conseguiu o subcampionato da League Cup, tras caer na final por 2-1 contra os Wolves.

No derradeiro encontro da tempada o City enfrontábase ao United, e este precisaba a vitoria para ficar na primeira división. O Manchester City gañou por 1-0, gol de Denis Law nun remate co calcaño que afundía á escuadra coa que conseguiu os seus maiores éxitos ó pozo da segunda división. Despois de anota-lo gol, Law sentiuse afundido, non celebrou o tanto e inmediatamente foi substituído.

Escocia clasificouse para un mundial, o de Alemaña 1974, por vez primeira dende 1958. Law foi convocado pola selección, aínda que non xogara moito ese ano. Foi titular no primeiro encontro contra Zaire, vencendo Escocia por 2-0. Nos seguintes encontros contra o Brasil e a Iugoslavia non xogou nin un só minuto. Law confesouse "moi decepcionado"[14] por non poderes participar no xogo. Escocia non pasou á segunda rolda.

Despois do Fútbol editar

Law tiña contrato co City mais o adestrador Tony Book díxolle que se ficaba no equipo actuaría coma xogador reserva. Non querendo rematar deste xeito a súa carreira, decide retirarse no verán de 1974.[15] Dende entón Law traballou ocasionalmente coma presentador de radio e televisión

Segue casado con Diana, vive en Manchester e ten cinco fillos. A súa filla, tamén chamada Diana traballa coma axente de prensa para o United.

Law está no English Football Hall of Fame en recoñecemento ó seu impacto no fútbol inglés. O 23 de febreiro do 2002 colocouse unha estatua de Law en Old Trafford. O 25 de novembro de 2005 Law estaba carón da cama do hospital onde George Best falecía.

Historial deportivo editar

Clubs:

Galardóns:

Encontros e goles nos clubs editar

En tódalas competicións:

Tempada Club Encontros Goles
1956-57 Huddersfield Town 18 3
1957-58 Huddersfield Town 20 6
1958-59 Huddersfield Town 26 2
1959-60 Huddersfield Town 27 8
1959-60 Manchester City 7 2
1960-61 Manchester City 43 21
1961-62 Torino 27 10
1962-63 Manchester United 44 29
1963-64 Manchester United 41 45
1964-65 Manchester United 52 39
1965-66 Manchester United 48 24
1966-67 Manchester United 38 25
1967-68 Manchester United 27 9
1968-69 Manchester United 36 21
1969-70 Manchester United 20 12
1970-71 Manchester United 34 16
1971-72 Manchester United 41 13
1972-73 Manchester United 12 3
1973-74 Manchester City 26 12
TOTAL   587 300

Notas editar

  1. Denis Law and Bob Harris, The King (New York: Bantam Press, 2003), 29.
  2. Ibid., 53.
  3. Ibid., 112.
  4. Ibid., 67.
  5. Ibid., 68.
  6. Denis Law – An Autobiography, 67.
  7. Ibid., 68.
  8. Ibid., 74.
  9. The King,164.
  10. Ibid., 170.
  11. Ibid., 170–171.
  12. Ibid., 208.
  13. Ibid., 217.
  14. Ibid., 108.
  15. Denis Law – An Autobiography, 162.

Ligazóns externas (en inglés) editar