Demografía de Chipre

Os chipriotas gregos e turcos comparten moitos costumes, mais manteñen identidades diferentes baseándose na súa relixión, idioma e lazos cos seus respectivos países de orixe. O grego é falado principalmente no sur, mentres que o turco o é no norte. O inglés está tamén bastante estendido. Chipre posúe un sistema de educación primaria e secundaria ben desenvolvido. A maior parte dos chipriotas realizan os seus estudos superiores en universidades de Grecia, Turquía, Reino Unido ou Estados Unidos. Tamén hai grandes comunidades chipriotas de emigrantes en Reino Unido e Australia. Os colexios privados e as universidades públicas foron desenvolvidas tanto pola comunidade turca como pola grega.

Datos demográficos editar

Mapa de distribución étnica (2002)

 
Demografía de Chipre. Datos de FAO, ONU, ano 2005. Número de habitantes en miles.

Poboación: 758.363 (Xullo 2000 est.)

Pirámide de poboación:
0-14 anos: 23% (homes 91.075; mulleres 86.832)
15-64 anos: 66% (homes 252.252; mulleres 247.464)
65 e máis anos: 11% (homes 35.149; mulleres 45.591) (2000 est.)

Taxa de crecemento poboacional: 0,6% (2000 est.)

Taxa de natalidade: 13,27 nacementos/1.000 habitantes (2000 est.)

Taxa de mortaldade: 7,68 mortes/1.000 habitantes (2000 est.)

Taxa neta de migración: 0,44 migrantes/1.000 habitantes (2000 est.)

Distribución por sexo:
ao nacer: 1,05 homes/mulleres
menos de 15 anos: 1,05 homes/mulleres
15-64 anos: 1,02 homes/mulleres
65 e máis anos: 0,77 homes/mulleres
total da poboación: 1 homes/mulleres (2000 est.)

Taxa de mortaldade infantil: 8,07 mortes/1.000 nacementos vivos (2000 est.)

Expectativa de vida ao nacer:
total da poboación: 76,71 anos
homes: 74,43 anos
mulleres: 79,1 anos (2000 est.)

Taxade de fertilidade: 1,95 nenos nados/muller (2000 est.)

Grupos étnicos: Gregos 78% (99,5% dos gregos viven na área chipriota grega; 0,5% dos gregos viven na área chipriota turca), turcos 18% (1,3% dos turcos viven na a zona chipriota grega; 98,7% dos turcos viven na zona chipriota turca), outros 4% (99,2% dos demais grupos étnicos viven na área chipriota grega; 0,8% dos demais grupos étnicos viven na zona turca)

Relixións: Gregos ortodoxos 78%, Musulmáns 18%, Maronitas , Armenios apostólicos , Católicos latinos e outros 4%

Idiomas: grego, turco e inglés.

Alfabetismo:
definición: persoas de 15 anos e máis que poden ler e escribir
total da poboación: 94%
homes: 98%
mulleres: 91% (1987 est.)