Demòcrates de Catalunya

partido político catalán

Demòcrates de Catalunya (DC, en galego: Demócratas de Cataluña) é un partido político catalán fundado en 2015 a partir dunha escisión de Unió Democràtica de Catalunya (UDC). Ten unha ideoloxía democristiá e independentista.

Demòcrates de Catalunya
Partido político de Cataluña
Dirixentes e organización
LíderNúria de Gispert
(Presidenta)
Antoni Castellà
(Secretario)
Historia
Fundación12 de xullo de 2015
Posicións políticas
IdeoloxíaCentro dereita
Democracia cristiá
Socioliberalismo
Independentismo catalán
Representación
Parlamento de Cataluña
4 / 135
Outros datos
SedeBarcelona
Na rede
www.democrates.cat
Facebook: democratescat Twitter: democratescat Instagram: democratescat Youtube: UCoPby00itTg3ivq3SjO7ayQ Editar o valor em Wikidata

O grupo que formaría Demòcrates de Catalunya decidiu escindirse de UDC tras a ruptura protagonizada entre este e Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), que durante 35 anos coexistiran xuntos a través da marca Convergència i Unió (CiU). Os seus principais impulsores son Antoni Castellà, Núria de Gispert e Joan Rigol.[1]

Pouco despois da súa fundación, o novo partido uniuse á alianza independentista Junts pel Sí que concorreu ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de setembro de 2015.

Para as eleccións xerais de España de 2015 concorreu baixo a denominación Democràcia i Llibertat.[2] O 13 de maio de 2016, Demòcrates de Catalunya anunciou que non se presentaría ás eleccións xerais do 26 de xuño, finalizando deste xeito a coalición con CDC.[3]

Notas editar

  1. "Os independentistas de Unió crean o partido Demòcrates de Catalunya". El País. 12 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  2. "CDC concorrerá ás xerais baixo o nome de Democràcia i Llibertat". El Periódico de Catalunya. 6 de novembro de 2015. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  3. "Demòcrates quédase sen representación no Congreso". E-Notícies. 13 de maio de 2016. Consultado o 21 de maio de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar