Delta do Llobregat

O delta do Llobregat é unha chaira aluvial situada na desembocadura do río Llobregat, na provincia de Barcelona, en Cataluña. O río, ao chegar ao mar, conforma un delta de 97 km² de forma redondeada, o segundo delta máis extenso de Cataluña, logo do delta do Ebro. Está considerado de importancia internacional pola Unión Europea.

Campos do delta, en El Prat de Llobregat.

Características editar

A situación xeográfica e o contexto xeolóxico do delta do Llobregat condicionan o tipo de paisaxe vexetal que atopamos.

A natureza xistosa da Cordilleira Litoral, á esquerda do río, contrasta fortemente coas calcarias e dolomías do macizo do Garraf. Isto fai que, salvada a zona do delta, o litoral cambie notamblemente de aspecto. Aínda que non existen diferenzas significativas de precipitación, pásase dunha paisaxe litoral mediterránea setentrional (dominio de aciñeiras litorais) a unha meridional (dominio de ), debido á seca edáfica imposta polo carst.

Degradación e protección editar

A proximidade de Barcelona ao delta fixo que gran parte da súa superficie que antes eran zonas húmidas, piñeiras ou terras dedicadas ao cultivo de hortalizas e froitas, entre as que destacaban as alcachofas de El Prat, estea cuberta con urbanizacións, asfalto e cemento desde a segunda metade do século XX. Moitas autoestradas, zonas industriais, instalacións portuarias, o aeroporto de El Prat e zonas urbanas e comerciais que continúan estendéndose atópanse encima dos terreos do delta. A superficie non urbanizada está en regresión e vai diminuíndo ano tras ano.

Aínda que a zona está moi degradada, dentro dos límites do delta do llobregat aínda se conserva unha pequena fracción dunha das tres zonas húmidas máis importantes de Cataluña, la Murtra, considerada de importancia internacional pola Unión Europea.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar