Delia Bacon
Delia Salter Bacon, nada en Tallmadge, Ohio, o 2 de febreiro de 1811 e finada o 2 de setembro de 1859, foi unha escritora de obras de teatro e contos norteamericana.
Nome orixinal | Delia Salter Bacon |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de febreiro de 1811 Ohio, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de setembro de 1859 (48 anos) Hartford, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Grove Street Cemetery (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Pai | David Bacon (pt) |
Irmáns | Leonard Bacon |
Traxectoria editar
Irmá de Leonard Bacon, foi mestra en Connecticut, Nova Jersey e Nova York e a partir de 1852 comeza a dar clases, en varias cidades do leste, para mulleres sobre historia e literatura. Escribiu Tales of the Puritans (1831), The Bride of Fort Edward (1839) e The Philosophy of the Plays of Shakespeare Unfolded (1857), para escribir esta obra pasou catro anos de esstudo en Inglaterra, Bacon tentaba probar que as obras atribuídas a Shakespeare foran escritas por un grupo formado por Francis Bacon, Walter Raleigh e Edmund Spenser entre outros, co propósito de inculcar o sistema filosófico no pobo, a fixación de Delia Bacon con esta idea levouna á tolemia.