Delfín de Francia

Príncipe herdeiro de Francia

Delfín de Francia (en francés Dauphin) era o título do herdeiro da coroa francesa durante as dinastías de Valois e Borbón.

Historia editar

 
Escudo do Delfinado do Viennois.
 
Humberto II.

A tradición remóntase ao século XIV, nos tempos de Humberto II, señor do Delfinado do Viennois, unha antiga provincia francesa que tivo como capitais sucesivas Vienne), Valence e Grenoble.

O Delfinado era un estado independente, que formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico e o seu soberano levaba o título de delfín do Viennois.

O derradeiro delfín independente, Humberto II, sen herdeiro, vendeu a súa provincia ao rei Filipe VI de Francia, o 30 de marzo de 1349, polo tratado de Romans, coa condición de que o herdeiro fose designado como Delfín, en honra do seu escudo de armas que ostentaba un delfín.

A partir daquela, o Delfinado converteuse en posesión do herdeiro ao trono de Francia, que levaría o título de delfín.

O primeiro príncipe que usou esta designación foi o futuro rei Carlos V de Francia, neto de Filipe VI, que foi Delfín a partir de 1349.

O único delfín que residiu e exerceu o poder efectivo no Delfinado foi o futuro Lois XI de Francia, quen o gobernou como un Xefe de Estado.

Por extensión deste termo, na actualidade a palabra delfín (derivada do latín delphinus, e este do grego δελφίνος delphínos) úsase correntemente para referirse ao sucesor designado oficial ou oficiosamente para un cargo.

Delfinesa de Francia editar

Por extensión, defínese a Delfinesa de Francia (en francés, Dauphine de France) como a esposa e, por tanto, futura raíña consorte do Delfín de Francia, o herdeiro do trono francés.

A primeira delfinesa foi Xoana de Borbón (1350-1378), esposa de Carlos V de Francia, que á súa vez, foi o primeiro Delfín de Francia.

Esta posición era análoga á da actual princesa de Gales (Reino Unido) ou á princesa de Asturias (España).

Delfíns de Francia 1349-1830 editar

Nota: as datas refírense ao período en que o titular foi coñecido por este título

 
Escudo dos Delfíns de Francia da dinastía Borbón.
 
Escudo do Delfín Francisco, Rei consorte de Escocia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar