Defensor do Pobo de Navarra

O Defensor do Pobo de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Arartekoa, en castelán: Defensor del Pueblo de Navarra) é a institución que vela polo cumprimento dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas dos cidadáns da comunidade foral de Navarra. É elixido polo Parlamento de Navarra.

Sede do Defensor do Pobo de Navarra

A Lei Foral 4/2000, do 3 de xullo, regula esta institución, sendo modificada posteriormente pola Lei Foral 3/2005, do 7 de marzo, e a Lei Foral 3/2008, do 21 de febreiro.

A primeira persoa que ocupou o cargo foi María Jesús Aranda Lasheras quen tomou posesión o 2 de marzo de 2001, permanecendo ata o 22 de marzo de 2007. Na actualidade, Francisco Javier Enériz Olaechea é o Defensor do Pobo de Navarra.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar