Deerhoof

Banda estadounidense de indie rock

Deerhoof é unha banda estadounidense de indie rock formada en San Francisco en 1994. No presente está composta polo batería Greg Saunier, o baixosta e cantante Satomi Matsuzaki, e os guitarristas John Dieterich e Ed Rodriguez. Inicialmente o grupo tocaba noise punk improvisado e fíxose moi famoso e influente nos anos 2000 grazas á súa creativa música autoptoducida que combinaba "ruído, melodías [pop] doces, e un espírito experimental nunha música completamente distinta".[1] Ata a data Deerhoof leva publicados 14 álbums de estudio, o derradeiro deles, Mountain Moves, editado en setembro de 2017.[2]

Deerhoof
A banda en 2009
OrixeSan Francisco, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1994-presente
Xénero(s)indie rock, pop experimental, noise, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Polyvinyl, Kill Rock Stars, Joyful Noise, Felicity, Upset the Rhythm, Altin Village and Mine, Clapping Music, Kythibong, P-Vine, Tomlab, Flying Nun, Trifekta, ATP, Toad, Menlo Park
MembrosSatomi Matsuzaki
John Dieterich
Ed Rodríguez
Greg Saunier
Antigos membrosChris Cohen
Rob Fisk
Kelly Goode
Na rede
http://deerhoof.net
Facebook: Deerhoof Twitter: deerhoof Instagram: deerhoof Tumblr: deerhoofjp MySpace: deerhoof Bandcamp: deerhoofSouncloud: deerhoof-music Spotify: 7AZwAitWq1KcFoIJhRWb6V Last fm: Deerhoof Musicbrainz: 11eabe0c-2638-4808-92f9-1dbd9c453429 Songkick: 173227 Discogs: 75299 Allmusic: mn0000190210 Editar o valor em Wikidata

Historia editar


Inicios editar

Deerhoof fundouse en San Francisco no ano 1994 como un dúo de improvisación baixo/batería formado por Rob Fisk e Greg Saunier.[3] Ao pouco tempo asinaron co selo Kill Rock Stars para gravar un sinxelo despois de que o dono, Slim Moon, fose a unha actuación súa no festival Yoyo A Go Go.[4] Satomi Matsuzaki uniuse a Deerhoof despois dunha semana de mudarse aos Estados Unidos dende Xapón en maio de 1995, sen que tivese experiencia previa nunha banda, e foi de xira como cantante do grupo só unha semana despois, como abreconcertos de Caroliner.[5]

O seu álbum de estrea The Man, the King, the Girl, gravado nuncasete de catro pistas, equilibraba a forma de tocar salvaxe e clamorosa de Fisk e Saunier coas melodías tipo jingle de Matsuzaki e a colorida instrumentación, que incluía instrumentos de xoguete e teclados Casio rotos. A ilustración da portada foi realizada por Fisk. Moitos dos trazos duradeiros de Deerhoof xa se atopaban nese álbum: letras míticas, forma de tocar xestual e esaxerada, técnicas de gravación DIY de baixo presuposto, formato de álbum conceptual, composición melódica memorable, e unha postura política de esquerdas.

En 1997 comezaron a gravar as cancións do que finalmente sería Halfbird,[3] pero ao pouco tempo as abandonaron en favor dun drástico cambio no seu estilo. Kelly Goode uniuse tocando o Casio VL-1 e Matsuzaki aprendeu a tocar o baixo. Quitaron todos os trazos de noise, improvisación ou instrumentación pouco común do seu son, culminando no seu traballo de 1999 Holdypaws.[3] A portada foi obra novamente de Fisk. Dende 1997 ata 1999 Deerhoof xirou polos Estados Unidos con Sleater-Kinney, Lightning Bolt, Unwound e Sonic Youth. Pero no outono de 1999, cunhas pobres vendas dos seus dous álbums e varios sinxelos, Fisk e Goode deixaron o grupo. Halfbird foi completado por Saunier e Matsuzaki e finalmente editado en 2001,[3] cunha portada de Fisk.

Fama editar

A finais de 1999 pedíronlle ao guitarrista de Gorge Trio John Dieterich que se unise á banda. O seu virtuosismo e interese pola música electrónica poden verse en Reveille, coa súa ampla mestura de estilos musicais, estrutura fragmentada, e os temas bíblicos sesgados do apocalipse e a resurrección. A portada foi realizada por Matsuzaki. Reveille tardou tres anos en rematarse e foi o primeiro disco de Deerhoof en ser aclamado pola crítica, sendo incluído nas listas dos mellores discos de 2002 de The New York Times e Pitchfork.[6]

En 2002, entre a finalización e o lanzamento de Reveille, Chris Cohen uniuse a Deerhoof como guitarrista. Durante os seguintes tres anos este cuarteto tocou cunha variedade de artistas cada vez máis establecidos, como Le Tigre, Stephen Malkmus, Yeah Yeah Yeahs, TV on the Radio, The Roots, e Wilco. O lendario DJ de radio John Peel invitou á banda dúas veces a gravar sesións para BBC Radio 1, e Deerhoof foi escollido tanto por Sonic Youth como polo creador de The Simpsons Matt Groening para actuar en festivais All Tomorrow's Parties, sendo as súas dúas primeiras aparicións nese festival.

En contraste co proceso prolongado, minucioso e de produción dixital de Reveille, o álbum de 2003 Apple O' foi gravado case todo ao vivo nunha sesión de nove horas con Jay Pellicci.[3] A extinción, o holocauto nuclear, as especies invasivas, e o deus grego da música ocupan un lugar destacado nos temas do álbum. A portada foi debuxada novamente polo xa ex-membro Rob Fisk. Karen O escolleu Apple O’ como mellor álbum para os Music Awards da Rolling Stone do ano 2003, e o disco tivo moi boas críticas, destacando a de The New York Times. A valoración do álbum mellorou co paso do tempo e Apple O' aparecería posteriormente como un dos mellores traballs dos 2000 para Pitchfork. Os temas antibélicos do álbum foron subliñados pola aberta oposición de Deerhoof ese ano á invasión de Iraq.[7]

En 2003 Deerhoof converteuse na banda de máis percorrido en Kill Rock Stars.[8] Matsuzaki estaba editando unha revista xaponesa en Bay Area, Cohen servía mesas nun restaurante tailandés, e Dieterich e Saunier introducían datos para empresas xurídicas e consultoras,[3] pero ese ano todos decidiron deixar os seus traballos á vez e centrarse en xirar.[3] A banda contribuíu ao recompilatorio Azadi! A Benefit Compilation for the Revolutionary Association of the Women of Afghanistan. Saunier tamén publicou Nervous Cop, un álbum colaborativo con Zach Hill e Joanna Newsom.[9]

 
A banda en 2004

O seguinte disco de Deerhoof inspirouse nunha personaxe descarnada creada polo artista xaponés Ken Kagami.[3] O álbum de 2004 Milk Man contaba cun son opulento e teatral inspirado por Broadway e Igor Stravinsky. Foi aclamado pola revista Spin, nomeado ao premio “Álbum alternativo destacado” nos California Music Awards,[8] e foi número 1 na Dusted Radio Chart durante seis semanas seguidas, e tamén número 1 na CMJ Core Chart. Tamén é 2004 Deerhoof recibiu o Editor’s Choice Award da revista 7X7 Magazine, e foi votada “Mellor banda local de rock” polos lectores de SF Weekly.[8] En 2006 Milk Man foi adaptado como un balet infantil.[10]

O seguinte lanzamento de Deerhoof foi o primeiro en ser cantado en xaponés, a lingua nativa de Matsuzaki.[3] O mini-álbum de 2005 Green Cosmos combina un son orquestral con música dance de varias épocas. A portada foi creada a partir de cartas de tarot deseñadas polo director de videos musicais Dawn Garcia.

Deerhoof pasou varios meses en en 2005 nun espazo de ensaio alugado en Oakland, compoñendo e gravando diariamente como unha banda completa. Cando o resultado foi publicado ese outono, o álbum dobre The Runners Four presentaba a cada membro do grupo turnándose nas voces, cantando letras locuaces nas cales reaparecen arcas e cápsulas do tempo, como se se prevese que esa sería a derradeira gravación desa formación. Os roles instrumentais cambiaron para Matsuzaki (agora na guitarra) e Cohen (no baixo). A portada era de Trevor Shimizu, que tamén dirixiría os videos musicais de "Jagged Fruit" e "Criminals of the Dream" en álbums posteriores.

En 2006 Danielson publicou o aclamado Ships, que contaba con Deerhoof como banda de apoio en moitos dos seus temas.[11] Posteriormente nese ano, tras unha extensiva xira mundial que rematou en Coachella, Deerhoof compuxo e interpretou ao vivo unha banda sonora para a peza mestra de animación de Harry Smith Heaven and Earth Magic no San Francisco International Film Festival.[12] Esta sería a derradeira actividade de Cohen con Deerhoof. A separación moi amigable e, para conmemorar a Cohen, a banda publicou un EP gratuíto na súa páxina web.[3]

Reconfiguración editar

Matsuzaki, Saunier e Dieterich comezaron unha nova gravación como trío. Ignorando o seu son no escenario e os seus roles, cada un deles colaborou con percusión, guitarra, baixo, teclados e produción. A pesar de ser gravado principalmente na habitación de Dieterich e de ser mesturado no ordenador da banda en hoteis durante as súas xiras con Radiohead, The Flaming Lips e Beck,[3] Friend Opportunity ten un son pulido e cinemático. Algún material era da banda sonora de Heaven and Earth Magic, outro era completamente orquestral (sen baterías ou guitarras), e unha canción ("Matchbook Seeks Maniac") foi creada especificamente para os créditos finais dunha película. As 12 portadas intercambiables do álbum foron creadas polo artista británico David Shrigley. O traballo foi loubado por Pitchfork e Rolling Stone,[13] e foi nomeado a un PLUG Award por Ric Ocasek.

Durante a xira mundial posterior ao lanzamento de Friend Opportunity, Deerhoof foi convidado por David Bowie para tocar no Highline Festival de Nova York. A banda tamén realizou concertos con Gnarls Barkley, The Roots, Beirut e Bloc Party. En colaboración con Ed Shearmur crearon a banda sonora para a comedia romántica de Justin Theroux Dedication.[1]

En xaneiro de 2008 Deerhoof converteuse novamente nun cuarteto ao entrar o guitarrista de The Flying Luttenbachers/Gorge Trio/XBXRX Ed Rodriguez. Ese verán Deerhoof publicou a canción "Fresh Born" en liña como unha partutura, anticipando experimentos semellantes de Beck e Blur durante varios anos. Os seguidores gravaron e subiron as súas propias versións da canción nunha páxina especial, antes de que calquera persoa puidese escoitar a propia versión de Deerhoof.[14]

Despois do Friend Opportunity, o Offend Maggie, editado en outubro de 2008, foi un cambio brusco cara un disco purista de rock con guitarras gravado ao vivo no estudio, resaltado pola descarada referencia ao tema de Free "All Right Now" no comezo de "The Tears and Music of Love". O son cru e nú enmascaraba elementos compositivos sofisticados, que levou a que varias cancións se convertesen en material para arranxos de jazz e clásicos realizados por outros artistas. Offend Maggie foi aclamado polos críticos de VH1, NPR, Entertainment Weekly, Alternative Press, yahoo.com, The Guardian e Mojo.[15] A portada foi realizada polo artista xaponés Tomoo Gokita.

En abril de 2010 Deerhoof comisionou o festival belga de música Sonic City, invitando a un ecléctico conxunto de artistas europeos como The Go! Team, Paolo Pandolfo oua banda belga de punk The Kids. En abril e xullo dese mesmo ano Deerhoof e Xiu Xiu uníronse para interpretar o álbum de Joy Division Unknown Pleasures no Donaufestival en Austria, e no Brooklyn's Williamsburg Waterfront.

Experimentación de formatos editar

Discografía editar

Álbum Ano Selo
The Man, the King, the Girl 1997 Kill Rock Stars
Holdypaws 1999 Kill Rock Stars
Halfbird 2001 Menlo Park
Reveille 2002 Kill Rock Stars / 5 Rue Christine
Apple O' 2003 Kill Rock Stars / 5 Rue Christine
Milk Man 2004 Kill Rock Stars / ATP Recordings / 5 Rue Christine
The Runners Four 2005 Kill Rock Stars / ATP Recordings / Children of Hoof
Friend Opportunity 2007 Kill Rock Stars / ATP Recordings / 5 Rue Christine
Offend Maggie 2008 Kill Rock Stars
Deerhoof vs. Evil 2011 Polyvinyl / Joyful Noise / ATP Recordings / Flying Nun / P-Vine
Breakup Song 2012 Polyvinyl
La Isla Bonita 2014 Polyvinyl
The Magic 2016 Polyvinyl
Mountain Moves 2017 Joyful Noise
Future Teenage Cave Artists 2020 Joyful Noise
Love-Lore 2020 Joyful Noise
Actually, You Can 2021 Joyful Noise
Miracle-Level 2023 Joyful Noise

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Deerhoof | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-02-25. 
  2. "Deerhoof announce new album, Mountain Moves, share “I Will Spite Survive” — listen". Consequence of Sound (en inglés). 2017-06-28. Consultado o 2019-02-25. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 Haruriunyan, Ruzan (2007-09-19). "Walker Art Center Presents Art-Rock Trio Deerhoof". HULIQ (en inglés). Consultado o 2019-02-25. 
  4. Pilchak, Angela (January 2005). "Deerhoof". Contemporary Musicians: Profiles of the People in Music. Farmington Hills, MI: Gale. 50: 23
  5. Peters, Alexa (2016-11-30). "Smartists: Deerhoof’s Satomi Matsuzaki". Medium (en inglés). Consultado o 2023-10-22. 
  6. "Top 50 Albums of 2002 - Page 4". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-02-25. 
  7. "The Party Panda Loves Me". web.archive.org. 2003-03-24. Archived from the original on 24 de marzo de 2003. Consultado o 2019-02-26. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Press I Deerhoof I The Runners Four". web.archive.org. Archived from the original on 09 de xaneiro de 2016. Consultado o 2019-02-26. 
  9. "Nervous Cop, by Nervous Cop". Nervous Cop. Consultado o 2019-02-27. 
  10. "Deerhoof's Milk Man ballet - North Haven Community School - North Haven, Maine". web.archive.org. 2008-03-24. Archived from the original on 24 de marzo de 2008. Consultado o 2019-02-27. 
  11. "Deerhoof, Sufjan to Appear On New Danielson Record". Stereogum. 2005-11-08. Consultado o 2019-03-04. 
  12. "49th San Francisco International Film Festival Music/Film Programming Spans Diverse Genres - San Francisco Film Society". web.archive.org. 2011-07-16. Archived from the original on 16 de xullo de 2011. Consultado o 2019-03-04. 
  13. "Friend Opportunity by Deerhoof" (en inglés). Consultado o 2019-03-05. 
  14. "CASH Music: Deerhoof". web.archive.org. 2011-07-25. Archived from the original on 25 de xullo de 2011. Consultado o 2019-03-11. 
  15. "Offend Maggie by Deerhoof" (en inglés). Consultado o 2019-03-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar