Deco

futbolista portugués

Anderson Luiz de Sousa, coñecido como Deco, nado en São Bernardo do Campo o 27 de agosto de 1977, é un futbolista brasileiro nacionalizado portugués. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Fluminense. Foi internacional coa selección portuguesa.

Deco
Información persoal
Nome Anderson Luís de Souza
Nacemento 27 de agosto de 1977 (46 anos)
Lugar de nacemento São Bernardo do Campo
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Fluminense
Número 20
Carreira xuvenil
1995–1996 Nacional (SP)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–1997 Corinthians 2 (0)
1997–1999 Benfica 0 (0)
1997–1998Alverca (cedido) 32 (13)
1998–1999Salgueiros (cedido) 12 (2)
1999–2004 Porto 154 (32)
2004–2008 Barcelona 113 (11)
2008–2010 Chelsea 43 (5)
2010– Fluminense 34 (1)
Selección nacional
2003–2010 Portugal 75 (5)
Na rede
Facebook: deco20oficial FIFA: 199026 UEFA: 51643 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Chegou a Portugal a través do SL Benfica, foi no Alverca que mostrou o seu fútbol para despois ingresar no FC Porto, ao que axudou a vencer en dous campionatos nacionais, unha Copa da UEFA, unha Liga de Campións e unha Liga de Portugal. Posteriormente fichou polo FC Barcelona.

Selección nacional editar

A estrea na selección portuguesa ocorreu o 29 de marzo do 2003, diante do Brasil, precisamente o seu país natal e actual campión do Mundo. O encontro, amigable, realizouse no Estadio das Antas, na cidade de Porto, e terminou coa vitoria de Portugal (2-1). Deco, que entrou aos 60 minutos por Sergio Conceição, marcou o gol que deu a vitoria lusitana.

Ata a decembro de 2004, Deco xa representou a selección en 24 ocasións, marcado dúas veces. A primeira na estrea e a segunda, o 13 de outubro de 2004, en Alvalade, na goleada (7–1) perante Rusia, en partido correspondente á fase de cualificación do Mundial de Fútbol Alemaña 2006.