Declinación en alemán

A declinación en alemán (Alemán: deutsche Deklination) caracteriza o idioma como unha lingua fusional, pois pronomes, substantivos, adxectivos e artigos son declinados. O Alemán conserva tres xéneros: masculino, feminino e neutro; dous números: singular e plural; e catro casos gramaticais: nominativo, acusativo, dativo e xenitivo.

Artigos editar

Artigos determinados editar

Os artigos determinados (Alemán: definiter Artikel, bestimmtes Geschlechtswort) equivalen ás palabras o, a, os, as, do Galego.

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Masculino der den dem des
Feminino die die der der
Neutro das das dem des
Plural die die den der

Artigos indeterminados editar

Os artigos indeterminados (Alemán: indefiniter Artikel, unbestimmtes Geschlechtswort) equivalen ás palabras un e unha do Galego. Non hai plural do artigo indeterminado en Alemán.

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Masculino ein einen einem eines
Feminino eine eine einer einer
Neutro ein ein einem eines

Artigos negativos editar

O artigo negativo (Alemán nova: Nullartikel) declina da mesma forma que o artigo indeterminado, pero si que posúe plural. Equivale ás palabras ningún, ningunha, ningúns, ningunhas, do Galego.

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Masculino kein keinen keinem keines
Feminino keine keine keiner keiner
Neutro kein kein keinem keines
Plural keine keine keinen keiner

Pronomes editar

Pronomes persoais editar

Primeira persoa editar

Os pronomes persoais da primeira persoa do singular do Alemán equivalen ás palabras galegas eu, me e min. Os do plural equivalen ás palabras galegas nós e nos.

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Singular ich mich mir meiner
Plural wir uns uns unser

Segunda persoa editar

Os pronomes persoais da segunda persoa do sigular do Alemán equivalen ás palabras galegas ti, te, che e ti. Os do plural equivalen ás palabras galegas vós e vos.

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Singular du dich dir deiner
Plural ihr euch euch eurer

Terceira persoa editar

Os pronomes persoais da terceira persoa do sigular do Alemán equivalen ás palabras galegas el, ela, o, a e lle. Os do plural equivalen ás palabras galegas eles, elas, os, as e lles. O reflexivo equivale ao se, si.

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo Reflexivo
Masculino er ihn ihm seiner sich
Feminino sie sie ihr ihrer sich
Neutro es es ihm seiner sich
Plural Sie sie ihnen ihrer sich

Pronomes interrogativos editar

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
wer wen wem wessen
Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Masculino welcher welchen welchem welchen
Feminino welche welche welcher welchen
Neutro welches welches welchem welchen
Plural welche welche welchen welchen

Pronomes relativos editar

Os pronomes relativos substituen un elemento nunha oración subordinada. Declinan de acordo coa función que desempeñan na oración subordinada. En Galego, son: que, quen, o cal, a cal, os cales, as cales, cuxo, cuxos, cuxa e cuxas.

Nominativo Acusativo Dativo xenitivo
Masculino der den dem dessen
Feminino die die der deren
Neutro das das dem dessen
Plural die die denen deren

Pronomes posesivos editar

Todos os pronomes posesivos do Alemán (mein, dein, sein, ihr, unser, euer e Ihr) seguen o padigrama de inflexión de abaixo, en concordancia co substantivo seguinte: (o posesivo euer muda para eur- ao recebir desinencia)

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Masculino - -en -em -es
Feminino -e -e -er -er
Neutro - - -em -es
Plural -e -e -en -er

Adxectivos editar

Os adxectivos en Alemán poden ter dúas funcións: prepositiva (como en "a praia é bela") ou atributiva (como en "a bela praia..."). Cando os adxectivos son prepositivos, non declinan. Cando son atributivos, concordan coa palabra á que se referen.

Declinación forte editar

A declinación forte ocorre cando non hai artigo ou pronome precedendo o adjetivo. É moi semellante á declinación do artigo definido.

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Masculino -er -en -em -en
Feminino -e -e -er -er
Neutro -es -es -em -en
Plural -e -e -en -er

Declinación mixta editar

A declinación mixta ocorre cando hai artigo indefinido ou pronome posesivo precedendo o adxectivo.

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Masculino -er -en -en -en
Feminino -e -e -en -en
Neutro -es -es -en -en
Plural -en -en -en -en

Declinación fraca editar

A declinación fraca ocorre cando hai un artigo definido ou pronome (non posesivo) precedendo o adxectivo.

Nominativo Acusativo Dativo Xenitivo
Masculino -e -en -en -en
Feminino -e -e -en -en
Neutro -e -e -en -en
Plural -en -en -en -en

Casos editar

Nominativo editar

Cando non se pode recoñecer o acusativo, dativo ou xenitivo, vemos o nominativo.

  • O idioma é difícil.
  • Die Sprache ist schwierig.

Acusativo editar

Cando o artigo podería ser trocado por un pronome oblicuo.

Eu teño a caneta. = Téñoa eu

  • Eu dou o lapis.
  • Ich gebe den Bleistift.

Dativo editar

Precedido dunha preposición.

  • Eu estou con o sofá.
  • Ich bin mit der Couch.

Xenitivo editar

Posesión.

  • Os amigos do can.
  • Die Freunde des Hundes.