Coordenadas: 14°N 77°L / 14, 77

A meseta do Deccan é unha gran meseta que se estende pola maior parte do territorio centro-sur do subcontinente indio. Esténdese de leste a oeste polos estados indios de Madhya Pradesh, Chhattisgarh, Maharastra, Andhra Pradesh e Karnataka.

Vista panorámica.

Xeografía editar

A súa altitude oscila entre os 79 e 750 msnm. Ocupa unha superficie duns 800 000 km², ten forma de triángulo invertido e os seus límites defínenos os seguintes accidentes xeográficos:

Toponimia editar

O nome Deccan é unha forma anglicanizada da palabra dakkhin en prácrito, que á súa vez provén da palabra dakia en sánscrito, que quere dicir sur.

Estrutura xeolóxica editar

O Deccan é unha meseta de rocas cristalinas interrompida por horsts que se levantan no seu interior (montes Vindhya) ou nos seus bordos (Ghats occidentais e orientais).

Enormes coadas de roca basáltica rica en titanio, magnesio e ferro (ver trapps do Deccan).

Capas de lava que alcanzan extensións de 10 000 km², un volume superior aos 10 000 km³ e un espesor de 2400 m, vestixios dunha fortísima actividade volcánica a finais do Cretáceo superior (68-64 millóns de anos). De aí dedúcese que a idade da meseta é duns 70 millóns de anos.

Formación editar

Debido a erupcións fisurais, orixínanse ao longo dunha fisura ou dislocación da cortiza terrestre. As lavas son fluídas e percorren grandes extensións formando amplas mesetas, cun quilómetro ou máis de espesor e miles de quilómetros cadrados de superficie. Os restos dos fluxos, coñecidos como traps do Deccan, cobren aínda preto de 500 000 km².

En Rajahmundry, a uns 1000 km do centro dos traps do Deccan, obsérvanse algúns sedimentos mariños que conteñen microorganismos fósiles entre o fluxo das lavass deses enormes traps. Este fluxo provocou unha enorme liberación de CO2 á atmosfera que puido ser unha das causas da extinción dos dinosauros.

A formación das illas Seychelles remóntase a máis de 200 millóns de anos cando ese terreo se desprendeu do bordo occidental da India, nas proximidades da meseta, separándose da plataforma continental.[1]

Clima editar

Comprende dúas zonas climáticas ben distintas de exterior a interior. Por unha banda, existe un clima tropical húmido no bordo da meseta, o anel exterior. Isto é debido á abundancia de precipitacións nas ladeiras dos montes Ghats tanto orientais como occidentais. Pola contra a zona interior da meseta é semiárida debido a que as borrascas e en definitiva todas as masas de aire húmido (a maioría de orixe monzónica), descargan o seu contido nos cordais que a delimitan. Prodúcese entón o denominado efecto Föhn. As precipitacións medias sitúanse ao redor dos 500-1000 mm.

As temperaturas, aínda que hai unha excepción con valores máis suaves no bordo exterior, son suaves no inverno e tórridas a finais da primavera e principios de verán, con valores que poden superar facilmente os 40 °C e mesmo rozar os 50 °C.

Hidroloxía editar

Crúzana o río Godavari, principal río do sur da India, e o Krishna, ambos polo nordés. Existen outros ríos menores que nacen na propia meseta.

Flora editar

A vexetación da meseta do Deccan é menos exuberante que a das áreas máis húmidas do subcontinente indio, aínda que hai bosques de especies moi apreciadas pola súa madeira, como a teca e o sándalo. As ladeiras baixas dos Ghats occidentais están recubertas dunha densa xungla baixo influencia monzónica. Pódense atopar agrupacións máis ou menos densas de bambú, palmeira e árbores caducifolios. En case toda a meseta predomina unha vexetación subtropical seca, de tipo sabana con presenza apenas de especies arbóreas pero si de moitos arbustos e matogueiras.

Fauna editar

En canto a especies animais, as máis representativas son o elefante asiático e o xa extinto guepardo que era o máis estendido dos grandes felinos por esta zona, dada a súa predilección polas grandes extensións de sabana. Outros grandes mamíferos son o rinoceronte da India, o Melursus ursinus, o chacal, o dole, o gaur, o búfalo salvaxe, o xabaril e varias especies de simios, antílopes e cervos.

Distintas especies de serpes venenosas como a naia, a daboia e as serpes de auga salgada ou non venenosas como as pitóns. Entre os réptiles tamén cómpre destacar os crocodilos e gaviais. As aves máis importantes son o papagaio, o pavón, a garza e o martiño peixeiro.

A India caracterízase por ter un clima quente, o que lle dá a oportunidade ás selvas, chairas, outeiros e montañas de ser de ser hábitat dos felinos. Tendo en conta que o tigre é unha especie que esta en perigo de extinción, faise o esforzo nacional e internacionalmente; para o que existen reservas como Ranthambore e Rājasthān, que incrementan a poboación debido á seguridade e resgardo da especie.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar