Decébalo, ou Decebal en romanés, que reinou do 87-106, foi un rei dacio.

Decébalo
Nacementoséculo I
Falecemento106
Lugar de falecementoBălcești
Causadesangramento
NacionalidadeDacia
Ocupaciónmonarca
PaiScorilo e Dragnea
CónxuxeAndrada
editar datos en Wikidata ]
Decébalo (columna de Traxano).

Traxectoria editar

Tras a morte do gran rei Berebistas, Dacia dividiuse en catro ou cinco pequenos estados. Esta situación continuou ata que Diurpaneo dirixiu a consolidación do corazón de Dacia ao redor de Sarmizegetusa, no distrito actual de Hunedoara. El reorganizou o exército dacio no 85, co que os dacios comezaron a atacar a fortemente fortificada provincia romana de Moesia, situada ao sur de Danubio en territorios que actualmente corresponden -dun modo aproximado- ao norte de Bulgaria e nordés de Serbia.

No 87, Domiciano decidiu enviar ao seu prefecto e xefe da Garda Pretoriana, chamado Cornelio Fusco para castigar e conquistar aos dacios con cinco ou catro lexións (entre estas a V Alavdæ), as cales sufriron emboscadas e foron derrotadas en Tapae (preto da actual Bucova). No combate pereceu o mesmo Fusco. Foi tras esta vitoria que Diurpanneus (como até entón o chamaban os romanos) trocou o seu nome polo de Dekebal cuxo significado sería: "Forte como dez (homes)" (cfr. por comparación filolóxica no sánscrito daśabala); Deke -derivado do protoindoeuropeo *dekm- (dez) e *bal- (forte), ao parecer o nome dekebal (latinizado decebalus e de alí ao galego decébalo) era o título xenérico dos grandes xefes dacios, entre os cales Diurppanneo foi o principal.

No 88, Tetio Xuliano comandou outro exército romano que foi novamente derrotado na zona de Tapae; case ao mesmo tempo os xermanos rebeláronse na fronteira do Renus (Rin) e para frealos o Imperio Romano debeu distraer forzas dende a Moesia, forzas que estaban até ese momento encargadas de reprimir os dacios. Ante tal conxuntura os romanos víronse forzados a comprar a paz aos dacios mediante o pago de importantes sumas de diñeiro en forma de tributo, mesmo deberon os romanos enviar enxeñeiros e arquitectos para embelecer e fortalecer a capital dacia en Sarmizegetusa (tratado do ano 89). A situación humillante para os romanos durou ata que o hispánico Traxano accedeu ao título de emperador no 98; este inmediatamente dispuxo unha serie de moi ben concertadas campañas militares que expandiron ao Imperio Romano até a súa máxima extensión.

Diurpaneo-Decébalo foi entón derrotado polos romanos, quen invadiron a Dacia logo da terceira batalla de Tapae acontecida no 101. Con todo, os romanos impuxeran un rei monicreque ("cliente") aos dacios baixo "protectorado" romano. Tres anos despois Decébalo destruíu novamente as tropas romanas establecidas na Dacia e entón os romanos víronse obrigados a enviar enormes reforzos.

Logo dun prolongado asedio a Sarmizegetusa e unha longa guerra, os romanos conquistaron Dacia. Tras ser capturado e apresado polos soldados romanos Diurpaneo-Decébalo viuse obrigado ao suicidio no ano 106, tal como comenta o historiador Dión Casio (68,14,3). En Sarmizegetusa Regia atopouse un vaso, máis ben unha urna funeraria, que leva a inscrición en lingua daco-romana: DECEBALUS PER SCORILO ("Decébalo por suicidio") o que ratificaría o modo da súa morte e daría a pista do lugar en que ocorreu o seu deceso.

Estatua de Decébalo editar

A Estatua do rei dacio Decébalo con 40 metros de altura é a escultura de roca máis alta de Europa. Está emprazada nunha beira rochosa do Danubio preto da cidade de Orşova, en Romanía.

A idea partiu do home de negocios e historiador romanés Iosif Constantin Drăgan. Traballou nela durante 10 anos, de 1994-2004, con 12 escultores e custou preto dun millón de dólares. Xusto en fronte da estatua, mais na beira serbia enfrontada á beira romanesa, pode atoparse unha antiga placa, a "Tabula Traiana", que conmemoraba as vitorias do Imperio romano sobre o reino dacio no 105.

Debaixo do busto de Decébalo hai unha inscrición en latín na que se le "DECEBAL REX - DRAGAN FECIT" ("Rei Decebal - Esculpido por Drăgan").

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar