Deadpool

personaxe de Marvel Comics

Deadpool é unha personaxe de banda deseñada, co verdadeiro nome de Wade Winston Wilson, caracterizado coma un mercenario ou antiheroe que aparece en historietas publicadas por Marvel Comics, orixinalmente na serie X-Men pero tamén nos últimos anos noutras series Marvel. Creado polo debuxante Rob Liefeld e o guionista Fabian Nicieza, Deadpool apareceu por primeira vez en The New Mutants nº 98, en febreiro de 1991.

Deadpool.

Deadpool é un mercenario que usa alta tecnoloxía e que como Wolverine, é un produto de Weapon X, un programa paramilitar clandestino que realizou o goberno canadense. Orixinalmente un adversario dos New Mutants, despois coñecidos como X-Force, e aparecía primariamente neses títulos. Despois apareceu en dúas series limitadas, Sins of the Past e The Circle Chase e en 1997 apareceu a súa propia serie, inicialmente escrita por Joe Kelly e que se mantivo ata o número 69. En 2002 apareceu na secuela Agent X e en 2004 en Cable & Deadpool que chegou ós 50 números (febreiro de 2008). En setembro de 2008 volveu de novo como serie independente.

Personaxe irritable e falangueiro, leva o sobrenome de The Merc with a Mouth (literalmente o mercenario cunha boca que se pode traducir como mercenario lareta), e ten a autoconciencia de ser un personaxe de ficción. O actor Ryan Reynolds interpretou a Wade Wilson no filme de 2009 X-Men Origins: Wolverine.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar