De profundis: cartas desde o abismo

De profundis: cartas desde o abismo é un xogo de rol creado polo escritor polaco Michał Oracz e editado inicialmente por Wydawnictwo Portal en Polonia co título orixinal de De Profundis, e que se basea en distintas obras de Lovecraft.

Introdución editar

De Profundis é un xogo de psicodrama con cartas. Da mesma forma que un xogo de rol permite que un grupo de persoas (xogadores) interpreten un personaxe baixo a dirección dun director de xogo, o psicodrama elimina a necesidade deste último e permite que sexan os propios xogadores os que vaian creando a historia a medida que se mergullan nela.

Sistema de xogo editar

O sistema de xogo de De profundis é moi sinxelo, pois consiste en enviar e recibir cartas entre os xogadores, e ir tecendo a historia entre todos eles baseándose nesas cartas. Cada xogador describe un suceso, un lugar ou un acontecemento nas súas cartas que os demais xogadores van complementando, engadindo detalles adicionais, e creando novas direccións que van dando forma a unha trama envolvente creada por eles mesmos.

A ambientación das partidas epistolares é variada, pero recoméndase a época actual ou os anos vinte e trinta do XX, na época en que se ambientan as obras de Lovecraft.

Ligazóns externas editar