De Delftse Pauw (en galego: "O pavo real de Delft") ou, na súa forma completa, Delft Pottery de Delftse Pauw, é unha fábrica de louza establecida no século XVII ao norte da cidade surholandesa de Delft, nos países Baixos.

De Delftse Pauw
("O Pavo Real de Delft")
Fachada principal de De Delftse Pauw
Edificio
TipoEstablecemento industrial, comercial e expositivo
EnderezoDelftweg 113, 2289 BD Delft
Localización Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Coordenadas52°01′26″N 4°20′52″L / 52.02389, 4.34778Coordenadas: 52°01′26″N 4°20′52″L / 52.02389, 4.34778
Uso(s)Fabricación, exposición e venda de louza de Delft
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Fabricación en De Delftse Pauw

A fábrica fundouse no ano 1650 e localízase na zona de Delftweg no límite co concello de Rijswijk, ao pé da canle De Vliet. É un dos dous establecementos (xunto con Royal Delft) de fabricacioón de pezas cerámicas que continúa coa tradición da olaría de Delft, totalmente pintada á man, dos 32 que existían no século XVII.[1]

O Delftse Pauw, atrae anualmente preto de 13.500 visitantes.[2]

Ademais da fabricación, o edificio alberga unha sala con exposición dos produtos fabricados, obradoiros de pintura sobre cerámica e unha pequena tenda onde se poden adquirir.[3][4]

Notas editar

  1. "History Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine.". En Delft Pottery De Delftse Pauw (en inglés)
  2. Delft Marketing/Kerncijfers 2006. Gemeente Delft (en neerlandés)
  3. "Kunstaardewerkfabriek De Delftse Pauw BV". En Delftmusea (en neerlandés)
  4. "Workshops bij Delftse Pottery de Delftse Pauw". En High Tea Vriendinnen (en neerlandés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar