DeMarcus Cousins

baloncestista estadounidense

DeMarcus Cousins, nado o 13 de agosto de 1990 en Mobile, Alabama, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

DeMarcus Cousins
Axente libre
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 13 de agosto de 1990 (33 anos)
Alabama Mobile, Alabama
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Información da carreira
Instituto LeFlore
(Mobile, Alabama)
Universidade Kentucky (2009–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Sacramento Kings
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Sacramento Kings (2010–2017)
New Orleans Pelicans (2017–2018)
Golden State Warriors (2018–2019)
Houston Rockets (2020–2021)
Los Angeles Clippers (2021)
Premios e galardóns
1º Equipo de Rookies NBA (2011)
NBA BBVA Rising Star (2012)

Traxectoria profesional editar

O 7 de abril de 2010, Cousins anunciou a súa intención de presentarse ó Draft da NBA de 2010, onde foi seleccionado polos Sacramento Kings na 5ª posición.[1] O 7 de xullo de 2010, Cousins asinou o seu contrato de rookie cos Kings, cun valor de 7 millóns de dólares os dous primeiros anos, e cunha opción do equipo para o terceiro e o cuarto ano.[2] Cousins foi elixido no primeiro equipo de Rookies da NBA ó remate da tempada 2010-11.

O 8 de febreiro de 2012, foi elixido para xogar o Rising Stars Challenge, onde xogou para o Team Chuck.

Notas editar

  1. "DeMarcus Amir Cousins". Basketball-Reference.Com. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2021. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  2. "Kings sign top draft pick Cousins". Sports.espn.go.com. 2010-07-07. Consultado o 2012-11-12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar