DeJuan Blair

baloncestista estadounidense

DeJuan Lamont Blair, nado o 22 de abril de 1989 en Pittburgh, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Jiangsu Monkey King da Chinese Basketball Association (CBA).

DeJuan Blair
Jiangsu Monkey King
Posición Pivote / Ala-pivote
Liga CBA
Información persoal
Nacemento 22 de abril de 1989 (35 anos)
Pittburgh, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Información da carreira
Instituto Schenley (Pittsburgh, Pensilvania)
Universidade Pittsburgh (2007–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por San Antonio Spurs
Carreira dende 2009
Historial de equipos
San Antonio Spurs (2009–2013)
Krasnye Krylia (2011)
Dallas Mavericks (2013–2014)
Washington Wizards (2014–2016)
Jiangsu Monkey King (2016–presente)

Traxectoria profesional editar

Blair foi elixido na 37ª posición do Draft da NBA de 2009 polos San Antonio Spurs o 25 de xuño de 2009. Asinou o seu contrato cos Spurs o 17 de xullo.[1] Fixo o seu debut no primeiro partido da tempada contra os New Orleans Hornets, onde anotou 14 puntos e capturou 11 rebotes.[2] Ó remate da súa primeira tempada en San Antonio, Blair foi incluído no segundo equipo de rookies do ano.

En setembro de 2011, asinou un contrato dun ano co BC Krasnye Krylya Samara ruso, debido ó lockout da NBA.[3] Porén, en outubro chegaron a un acordo para rescindir o seu contrato.[4] Volveu á NBA en outubro, onde acadou 9.5 puntos, 5.5 rebotes e 1.2 asistencias en 64 partidos xogados na tempada 2011-12.

O 7 de setembro de 2013, asinou cos Dallas Mavericks.[5]

O 17 de xullo de 2014, Blair foi traspasado ós Washington Wizards a cambio dos dereitos de Emir Preldžić.[6]

Notas editar

  1. Fittipaldo, Ray (2009-07-17). "Blair, Spurs reach a deal". Pittsburgh Post-Gazette. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2009-07-17. 
  2. Monroe, Mike (2009-10-29). "Spurs show off deep rotation in opener". Express News. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2009. Consultado o 2009-10-29. 
  3. Spurs’ Blair to play in Russia during lockout
  4. "Krasnye Krylya Samara released DeJuan Blair". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  5. "Mavericks sign center Blair to one-year deal". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 7 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  6. "Wizards Acquire DeJuan Blair". NBA.com. 17 de xullo de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar